Entrevistas: A vida diaria no antigo Exipto

Estas son as entrevistas que gravou Refoxos TV para o seu programa "Refoxos 2.0" como punto final da actividade do "Museo Exipcio" do terceiro ciclo. Na primeira aparecen Inés e Jonathan e na segunda Nerea como entrevistadora e Ana como entrevistada. Agardamos que vos parezan interesantes.

 

Museo Exipcio na aula do 3º Ciclo

Estes días desfrutamos na aula do 3º ciclo dun "Minimuseo" con paneis informativos referidos a distintos aspectos da cultura e da vida cotiá no antigo Exipto.

 

 

Cada un dos paneis ten unha cor distinta. As cores representan as ambientacións das distintas "salas".

 

 

Os temas vanse sucedendo segundo pasamos dunha sala a outra: A vida privada, os segredos de beleza, a construcción das pirámides, o eterno Nilo, o proceso de momificación, a avanzadísima mediciña, a educación dos nenos e nenas...

 

Ao prindipio camiñamos polo museo como turistas interesados, fixándonos nos detalles que máis nos chaman a atención e tratando de recordar en que "sala" se atopan. Cando rematamos collemos unha "Ficha de Investigación" e como por arte de maxia convertémonos en estudios@s da cultura exipcia na busca de información.

           

 

Se queredes saber máis sobre Exipto podedes botarlle unha ollada a algún destes libros sobre o tema. É unha recopilación que fixeron no IES As Mariñas de Betanzos e entre eles hai moi boas suxerencias para pedir un agasallo especial este Nadal:

 

O home que plantaba árbores

Hoxe queremos compartir con vós unha curta de animación que atopamos por casualidade na rede e nos chamou moito a atención porque é unha historia ben bonita.

Fala de como a soa vontade dunha persoa pode cambiar o mundo que ten ao seu arredor.

Dedicámoslla ás rapazas e rapaces que participaron nas plantacións escolares todos estes anos, para que podan compararse co protagonista e que cando sexan adult@s se sintan orgullos@s de ter participado na recuperación e conservación do entorno natural para os seus fill@s e nent@s.

Agardamos que vos guste.

Comezos prometedores...

Os humoristas gráficos de "La Voz de Galicia" Pinto & Chinto presentaron en Culturgal o libro "Contos para nenos que dormen deseguida": 28 relatos breves, humorísticos e ilustrados (editado por KALANDRAKA en galego, castelán e portugués).
No BLOG K: http://www.kalandraka.com/blog/2010/11/27/con-pintochinto-en -culturgal/

Neste video de presentación temos ilustracións moi fermosas dos contos, pero o máis importante, aparecen tamen as primeiras liñas de cada historia o que deixa un campo enorme para a imaxinación á hora de atoparlles un desenrolo e un final.

Trátase dunha actividade ideal para facer cos nenos e nenas unha tarde de chuvia na casa co televisor, o ordenador e a consola apagadas. So unha libretiña, un lapis, colores e gañas de compartir un momento especial.

 

Magosto 2010: Xogos Cooperativos

O mestre de Educación Física explícanos como imos organizar os xogos: formamos 4 equipos con nenos e nenas de todas as idadescun capitan ou capitana cada un.

 

EQUIPO  AMARELO

Óscar, Uxía, Mar, Yésica, Guillermo, Iria, Mateo, Cristian, Jose e Santiago

 

EQUIPO AZUL

Yeni, Raquel, Inés, Diego, Alejo, David, María, Antía e Carla

 

 

EQUIPO VERDE

Jonathan, Diego, Paula, Nerea, Brais, Aser, Nicole e Mª José

 

 

EQUIPO VERMELLO

Pablo, Saúl, Juan, Alex, Sara, Ana e Zaira

 

 

COLOREANDO AS CASTAÑAS DE EQUIPO

 

 

 

PREPARAD@S, LIST@S ......


E ti... que opinas?

in

 

 

Ai, muller, cántas noitiñas,
te deitaches coa tristura?,
e o vento, ainda che traguía,
as novas dos que marmuran.

Fuxan Os Ventos

Encontros Familia-Escola: Como crear un bo ambiente de estudio

in
29/11/2010 16:00
29/11/2010 17:15
Etc/GMT+1
  • Planificación do estudio: horario de traballo e de descanso
  • Espazo e iluminación
  • Interferencias no estudio e na concentración
  • Reforzos positivos e negativos
  • Cómo axudalos

Encontros Familia-Escola: A familia, espazo psicopedagóxico privilexiado

in
10/11/2010 16:00
10/11/2010 17:30
Etc/GMT+1
  • Cando fablamos de educar, ¿de qué fablamos?
  • Clima educativo familiar
  • Cómo se configura unha personalidade madura

MARUSÍA: Teatro de Monicreques no CEIP Mestre Manuel en Oia

in
19/11/2010 12:30
19/11/2010 13:15
Etc/GMT+1

Marusía é unha nena que vive preto do mar. Nesta historia, Marusía terá que superar a proba do tres eMes: a Mentira, a Maldade e o Medo, encarnados nun construtor sen escrúpulos, un furtivo do marisqueo e o terror ao descoñecido. Ao longo da aventura entre accións e cancións, falarannos do consumo de algas, do cambio climático, dos males que sofre o mar e proporannos vías para conseguir entre tod@s mellorar o medio ambiente

Distribuir contido