Encontros Familia-Escola: Como abordar temas que para nós os adultos son “peliagudos”

in
28/03/2011 16:00
28/03/2011 17:30
Etc/GMT+1

 

 

Hoxe luns día 28 de marzo ás 16:00 horas celebraremos unha nova xuntanza do programa educativo “Encontros Familia-Escola”. Esta vez o tema central vai ser a “Como abordar eses temas que para nós son “peliagudos” cando queremos falar deles @s nos@s pequenos”.

Plantacións en Mavia e Burgueira 2011

MAVIA

Mavia é un fermoso lugar da parroquia de Loureza, cunhas vistas impresionantes sobre o val do río "Carballa" no que está situado o colexio, no que levamos facendo plantacións ao longo de varios anos sempre colaborando coa Comunidade de Montes de Loureza.

Apóiannos sempre: tendo preparados os buratos para ás arbores, botando unha man na organización do traballo in situ coa nosa rapazada (podedes velos nas fotos repartindo as árbores e dándo consellos sobre a tarefa) e durante o resto do ano botándolle un ollo ás "arboriñas-bebés". O agradecemento nunca será bastante.

Este ano puxemos 20 castiñeiros e 10 carballos. Estas árbores fórannos entregadas no viveiro de Areas, Tui, con ocasión  da invitación feita ao centro por Voz Natura ara participar nos actos de intrega e plantación da partida de árbores porcedentes de L'Ajuntement de la Llangosta, Barcelona.

Os colexios dese concello decidiron, logo dos incendios do ano 2006, cultivar árbores que ao ano seguinte entregaron para axudar á recuperación dos montes galegos.

Os tres centros invitados recibimos unha partida de árbores, no noso caso carballos e aciñeiras que plantamos no noso viveiro e por fin este ano, as máis grandiñas foron ao monte.

Hai que recoñecer que non chegaron a nada, as nosas expertas e expertos sempre traballan en equipos formados por nenos e nenas de diferentes idades e enseguida acabaron de polos todos.

"O ano que ven hai que traer máis profe!"

 

 

Entrando no lugar de plantación despois de repartir a ferramenta que levamos no autobus. Cada un ten a súa aixada ou sacho co seu nome. As menos pesadas están reservadas para os pequenos e pequenas que van pasando de infantil a primaria.

 

 

 

A "cuadrilla" do profesorado disposta para comezar o traballo.

 Sen todos eles e elas, os deste curso e os que pasaron polo colexio ao longo do tempo, tería sido imposible levar tantos anos formando parte da familia Voz Natura.

 

 

 

Este lugar de Mavia pertence a unha área recuperada que, en tempos, foi un vertedoiro e que está moi exposta ao vento, á chuvia e.... bueno... ás ovellas; hai que recoñecerlo tamén... polo menos mentres as árbores non medren o suficiente.

 Os sacos que vedes son do abono orgánico que botamos nos buratos antes de empezar, para que as plantas atopen comodidade para medrar, teñan sustento desde o comezo e a súa aclimatación sexa rápida.

 

 

 

 

 A veciñanza que pasa polo lugar detense a animar e a conversar c@snen@s.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 Traballo de especialistas eficacia, eficiencia e entusiaso.

 

 

BONAVAL

 Ao rematar en Mavia, trasladámonos ao lugar de Bonaval en Burgueira. Nesta zona comezamos timidamente a nosa actividade repoboadora hai 12 anos máis ou menos, nun terreo que sufrira os efectodos dun incendio e posterior tala a matarrasa. Levamos desde entón plantando frondosas todos os anos. É un dos nosos referentes fixos; seguro que no futuro conseguiremos que se recupere o monte.

Das arbores que plantamos algunha fallan polo que ás veces temos que volver traballar nos mesmos lugares de cursos anteriores.

  

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 O mesmo que en Loureza contamos coa Comunidade de Montes de Burgueira (preparación do lugar, axuda, vixiancia... )

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Desta vez foron 50 castiñeiros os que puxemos ao lado dos plantados en cursos anteriores coa colaboración do alumnado e profesorado do CEIP Ría de Vigo, Canido. 

  

  

Todo o mundo celebra o fin do traballo, recolle a súa ferramenta  e a deposita no aotobus para devolvela ao colexio.

  

 

 

 

 

 

Uff! Que cansanzo! Que ganas de coller o bocadillo! 

 Case non dou chegado!

  

 

 Repoñendo forzas e descansando

 

 

 

  

 E tras o esforzo e a merenda... as larpeiradas.

 

Instantáneas do Centro

Velaí algunhas fotos do interior do recinto escolar:

 Sobreiras "quasicentenarias"

  

Baixada á Área da Natureza desde o patio

 

Área da Natureza

Mesas de Traballo e Frutais

 

Área da Natureza
Invernadoiro e terreo destiñado a horto e viveiro

 

Área da Natureza

Ás nosas árboriñas medrando antes de ir ao monte

 

O mesmo lugar un ano e uns meses despois

 

Os paxaros tamén achan acubillo nas nosas árbores

  

Que facemos?

O noso Proxecto títulase Porque paga a pena, e ademais nos interesa, seguimos traballando, que foi o lema elexido hai doce anos para guiar as nosas actuacións dentro do Programa  “Voz Natura”, e que seguimos a manter xa  que expresa o sentir da comunidade escolar e é a comprobación de que, pouco a pouco e ano tras ano, imos cumprindo obxectivos e realizando tarefas con proxección de futuro.

 

Paga a pena traballar no coidado e mellora do noso entorno natural así como  educar e educarnos no respecto pola natureza e o medio-ambiente e, ademais, interésanos facelo xa que a nosa calidade de vida depende do medio no que vivimos.

 

Mantemos dúas liñas de actuación:

 

 

a) Manteñemento e conservación do realizado ata o presente.

 

 

b) Ampliación das actuacións no marco do Programa Voz Natura.

Quen somos?

O CEIP de Refoxos está situado no interior do concello de Oia, arrodeado de considerables extensións de monte comunal. Conta cunha zona fluvial de interese, a conca do río “Carballa” (Tamuxe) que discorre polos lugares de residencia do alumnado e as proximidades do centro.

Como pertencente a unha poboación de carácter  rural o alumnado esta familiarizado coas actividades agrícolas e gandeiras, polo que a tarefa  de implicación a nivel práctico é fácil. No que ten que ver coa sensibilización cara á conservación, respecto e mellora do entorno natural, tarefa implícita en todas as nosas actuacións, vaise conseguindo  na medida na que se traballan os aspectos educativos co fin de que a laboura continue máis aló do colexio.

Malia ser un centro pequeño, o noso alumnado é moi activo e entusiasta coas tarefas asignadas dentro do Programa.

Contamos coa colaboración activa das dúas Comunidades de Montes (Loureza e Burgueira), así coma da ANPA do centro como partes interesadas na tarefa emprendida.

Contamos, asimesmo, coa colaboración puntual dos Servicios Forestais e de Loita contra incendios da zona que  adoitan prestar a súa axuda e asesoramento naquelas actuacións nas que se precisan.

Saúdos desde o CEIP Refoxos

 Velaquí estamos!!
O noso proxecto empeza, por fin, a utilizar as novas tecnoloxías para a súa difusión.
Gustaríanos comezar a nosa andadura dando unha voltiña pola memoria das nosas experiencias ao longo destes anos.

Semella que foi onte cando presentamos a nosa primeira proposta, e xa pasaron 13 anos de divertirnos e aprender coidando a natureza e mellorando o noso entorno.
E seguiremos, a non ser que un cataclismo nolo impida, e aínda así e todo… está por ver se podería connosco… ;-)

Sabes que é un libro electrónico ?

in

Binta e a grande idea

Esta curtametraxe de Javier Fesser forma parte da película "No Mundo a cada anaco", na que cinco directores mostran a súa visión sobre distintas realidades que afectan á infancia e polas que UNICEF traballa en todo o mundo. Rodada en tres localidades ao sur de Senegal en 2004, Binta e a grande idea mostra algúns dos problemas aos que se enfrontan os nenos e nenas en áÁfrica subsahariana, dende a mirada inocente e optimista de Binta. O 22 de xaneiro de 2007 foi nomeado ao Oscar á Mellor curtametraxe.

Binta ten sete anos, vive nunha preciosa aldea xunto ao río Casamance, no sur de Senegal, e vai ao colexio. A súa prima Soda non ten a mesma sorte. A ela non se lle permite aprender as cousas que ignora deste mundo. Binta admira ao seu pai, un humilde pescador, que, preocupado polo progreso da humanidade, está empeñado en levar a cabo algo que se lle ocorreu.

 

 

 

 

Distribuir contido