Skip to Content

REBORRADIO 

 

Pensamiento Matemático

ELECCIÓNS 2023

Ola, familias.

Explicar aos nen@s o mundo que lles rodea é un modo fantástico de que aprendan e comprendan a súa realidade.

O proxecto do supermercado, no que traballan 2º e 4º, comezou cunhas eleccións como as que teñen lugar hoxe en Galicia nos nosos concellos.

Tiñan que votar o nome do supermercado de forma democrática.

O cartel electoral e a papeleta:

O día das votacións o alumnado de 2º e 4º acudiu ás urnas masivamente.

A sorte estaba botada (nunca mellor ditoRisa)

O reconto das papeletas contou cun presidente de mesa e cunha secretaria, tal e como recolle o regulamento electoral.

Xa temos resultados, o nome gañador foi: CARREFURDÁNS.

E tamén fixeron o nome co logo.

Seguiremos informando do avance do noso supermercado no que traballaremos activamente as matemáticas, as ciencias naturais e sociais, o vocabulario en lingua galega... dun xeito SÚPER-motivador.

CONTINUARÁ... 

UNHA CLASE DE FÍSICA: MOVEMENTO E FORZAS

Ola, familias.

Se nos falan de física, a maioría de nós botamos a man á cabeza lembrando aquelas clases de EGB onde tiñamos que resolver problemas que nos facían suar.

Aquí tedes a est@s atrevidos, que nesta sesión manexaron conceptos como: planos inclinados, forzas, palancas, movementos...

Aprenderon que son as instrucións e para que serven.

Aprenderon que non precisamos de pilas si usamos as forzas adecuadas para obter movemento.

Aprenderon que se traballamos en equipo é máis doado alcanzar un obxectivo.

E ademais... pasárono de marabilla construíndo cos LEGOS de Polos Creativos.

CONTINUARÁ...

APRENDENDO SCRATCH_ PROGRAMACIÓN

Ola, familias.

Para "falar" cun ordenador é necesario coñecer a súa linguaxe, é dicir programación. Así que comezamos por aprender que hai diferentes linguaxes de programación, e que este ano imos aprender, a máis sinxela, Scratch.

No segundo e terceiro ciclo, adicámonos este curso a aprender programación con Scratch, chamado Scratux, na nosa maqueta Abalar. O Scratch consiste en crear códigos a base de bloques (instruccións) que nos permitirán dende crear presentacións animadas ata crear sinxelos videoxogos.

Pero unha das cousas máis interesantes, do Scracht é que nos vai permitir manexar moito do material de Polos Creativos. Crear e programar robots, usar tarxetar intelixentes (Makey-makey ou Microbit), facer música co ordenador ou ata manexar os movementos das nosas construcións de Lego.

Comezaron polo máis sinxelo, que era mover unha letra:

E cando rematou o segundo trimestre xa faciamos historietas animadas cunha personaxe.

CONTINUARÁ...

Distribuir contido


by Dr. Radut