Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

24 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA

   Esta semana adicámonos a coñecer un pouco máis a nosa poeta Rosalía de Castro e hoxe fixémoslle esta pequena homenaxe na nosa biblioteca.



VISITA Á DOMUS DE E.I

O pasado xoves 16 de febreiro , estiveron tocando e xogando en todo o que poideron no museo das Ciencias.Resultou moi interesante , ese home tan alto, ese piano, ese bebé que nacía, eses homes primitivos , ese cerebro, eses ósos e como non ese CORAZÓN que fixo latexar o noso.Pasámolo xenial.Por suposto que o autobús sempre é unha aventura para nós, esta vez coa película do "Gato con botas" .Todo resultou ben!!!. Seguro que pedirán para volver!!!


PARABÉNS ENMA !!!!

Aniversario de Enma da clase de 3 anos. Parabéns!!!

     

ANIVERSARIO DE NOELA!!!

Sí, é Noela , que xa ten cinco anos. Parabéns!!!!


Os nosos refráns do mes de febreiro!!!

                                                                    

CELEBRAMOS O ENTROIDO EN INFANTIL

PREPARATIVOS DE ENTROIDO

Sí, sí , dixeron as nenas e os nenos cando lles preguntaban se querían pintar as uñas como os góticos.O día anterior ao desfile do Entroido houbo un taller de manicura gótica para todo o alumnado de Educación Infantil. María e Ana moitas grazas pola vosa colaboración. 

 

FREIXOS!!!

Tivemos a sorte de contar en Centieiras con dúas expertas facendo freixos. Sí, sí , Susa a avoa de de Iria e Nicolás e Lorena a nai de Miguel e de Raúl. Elas prepararon e fixeron a elaboración do amoado para os freixos.Volta e volta , e quentiños, que bos estaban!!!Moitísimas grazas!!!

 

OS GÓTICOS DE CENTIEIRAS



VISITA AO IES FENE E AO CPI A XUNQUEIRA

    Neste mes de febreiro o alumnado de 6º de Primaria afróntase a unha importante decisión para o seu futuro, escoller centro para cursar a ESO. Como en anos anteriores, primeiro tivemos reunións dos centros públicos da nosa contorna co alumnado e coas nais e pais e logo, fomos visitalos. Dende aquí damos as grazas as directoras do IES Fene  e do CPI A Xunqueira, María e Isabel,  e a todo o equipo de profesorado e alumnado  polo ben que nos trataron ensinándonos os centros e resolvendo todas as cuestións que preocupan nestes momentos  as nosas familias e alumnado.

 



MATEMÁTICAS EN FAMILIA

Fixemos entre outras actividades patróns con policubos para traballar os amigos do dez e ditado de números con chinchetas .Moi agradecida ás familias colaboradoras, Rosa, Laura e Lorena.

Grazas ás mamás de Zoé e Eimy e ao pai de Carlos.

Nova sesión de mates en Familia.Moitas grazas á famlia de Darío e de Diego Castro.

Entroido 2018!!!!

Hoxe o cole encheuse de tribus urbanas: pequenos góticos e góticas, punk-rockers, rapeiros e hiphopeiras, gamers e rockabillies!!!

Todos fomos a ver como se fan os freixós e contamos cunha freixoeiras de luxo que nos explicaron todo pasiño a pasiño!! 

Fixemos un pequemo desfiles polo cole e para finalizar...degustación de postres típicos do Entroido aportados polas familias!!

Moitas grazas tanto a ANPA como as familias por colaborar e participar no Entroido do Centieiras!

 



E... para rematar!!!!

"Mañá venres... gran pasarrúas de entroido!!!"

Último mandado!!!

"O xoves traeremos o pantalón por dentro dos calcetíns, que serán un de cada cor!" 

Distribuir contido