Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Agasallo de Radio Fene para conmemorar o Día do Libro!

A nosa biblioteca conta con máis exemplares grazas ao lote de libros recibido onte por Radio Fene. Moitas grazas!

O NOSO HORTO!!!!

Por fin despois de moito tempo sin poder ir ao horto, poidemos traballar outra vez nel.

CONTOS DE ANTES: "OS SETE CABRITIÑOS"

Nin que se puxeran dacordo, esta semana en todas as clases contaron o conto "Os sete cabritiños"!!!!

4º E.I

Grazas á nai de Enzo por contarnos este conto.

    

5º E.I

Victoria, a avoa de Daniela , contounos  este fantásstico conto.Ademáis agasallounos cun marcapáxinas de "Garbanciño"e tívonos que contar tamén o conto porque lles gusta moito.Por certo, ao rematar a sesión recargamos enerxías cunhas chocolatinas.Moitas grazas,Victoria!!!!!

CONTO 6º E.I

Moitísimas grazas a Marga, a avoa de Marcos,por vir contarnos e cantarnos este conto que é moi especial para a súa familia.

       

PARABÉNS GAEL E DIEGO DÍAZ !!!!

Parabéns no seu sexto aniversario.



MATEMÁTICAS EN FAMILIA

MATES 5º E.I

Contamos para atrás coma os astronautas, 10, 9, 8, 7.....e despegou o foguete que fixeron no taller con Jose e Lucía.Tamén marcamos os números de teléfono móbil para chamar as súas familias con Marcos e o taller máis atractivo foi o de Ana no que separaban letras de números de imán para despois pescar cunha cana.Gústannos as mates en familia!!!!

 

MATES 4º E.I

Grazas aos pais de Enzo e á nai de Enma e de Miguel!!!!!

CONTOS DE ANTES

Este mes de abril como vedes temos contos todos os venres, porque é,  o mes no que se celebra o Día do Libro.Polo tanto cambiamos os de maio para abril e rematamos así os contos neste mes.

CONTO 4º E.I

Grazas a Laura por virnos a ler á aula de 4º de E.I

CONTO 5º E.I : " O SEGREDO DO BOSQUE"

Este conto tivonos moi entretidos con tantos animais,oso, leirón, raposo, esquío...Que ben nos contou o conto Panchi!!!. Grazas por vir.

             

CONTO 6º E.I: "WILLY EL MAGO"

Grazas Mónica, prima de Xoel por vir  ler" WILLY EL MAGO". Toda unha aventura de fútbol.

          

Refráns do mes de abril

                         

XA ESTÁN AQUÍ!!!!!

Un ano máis, xa están aquí os nosos vermes de seda!!!!!

CONTOS DE ANTES

CONTO: "COELLIÑO BRANCO"

Gracias a Maki, amiga da familia de Zoé da clase de 4º de E.I.Trouxo o conto de "Coelliño branco"

CONTO : "GARBANCIÑO"

Un clásico como Garbanciño, foi o conto que nos contou FINA, a avoa de Martín de 5º de E.I.Este ano aínda non viñera ninguén a contalo.Gustounos moitísimo cando cun esbirro saíu Garbanciño.Algún sabía outra versión que tamén nos fixo rir moito.Graciñas Fina!!!



Contacontos para conmemorar o Día Mundial da Auga

O alumnado de Educación Infantil e 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria disfrutaron hoxe do contacontos Ignacio Alvariño co espectáculo "Os contos da tía Lola", enmarcado na III edición do Programa "Adeus ríos, adeus fontes" da Concellería de Medio Ambiente do Concello de Fene.

ANIVERSARIOS 6º DE E.I

Parabéns Darío e Iker!!!


CONTOS DE ANTES

CONTO DE CARAPUCHIÑA 4º E.I

A avoa de Enzo e de Carlos contounos unha versión de  "Carapuchiña vermella" na que había tres lobos!!!!!.Grazas Ángeles pola túa colaboración!!!

          

CONTO DE "CARAPUCHIÑA" 5º DE E.I

Primeiro foi escoitar a radio ás 12 cando entramos do recreo, pos queríamos escoitar as cancións que grabaramos o día anterior na aula de 5º de E.I, xa que como estaba chovendo non poidemos ir grabar á radio.

Así que "Contos de antes" chegaron máis tarde.Foi fantástico escoitar a Juana , a avoa de Xabier , o conto de "Carapuchuña" na versión na que o lobo se come á avoa e a Carapuchiña.Uaaaa!!! .Pois no tiveron nadiña de medo. Grazas Juana!!!.

            

CONTO : "O GRUFALO" DE 6º E.I

Moitas grazas á nai de Bruno por contarnos "O Grufalo" dun xeito tan especial....quedaron abraiad@s.

            

 

Distribuir contido