Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

REPRESENTACIÓN A TAMAÑO NATURAL

  Buscamos unha figura de ACROSPORT de catro e a reproduciron facendo equipos. Escollimos  cal nos pareceu que estaba mellor e... a tirarse ó chan. Decidimos  quen ía facer de modelo no grupo e tiña que  colocarse no papel continuo e quen repasaba a silueta sen facer demasiadas cóxegas. En equipos de catro repasaron o contorno, pintaron con VASOIRA e recortaron.  Tiveron que fixarse moito na posición dos brazos e pernas.  Quedaron así!!!!

XOGO COOPERATIVO DE ACRÓBATAS EN MADEIRA.

Poden xogar en solitario ou en parellas. Puxemos a proba a nosa habilidade e.... ufffff , hai que ter moita precisión,  paciencia e sobre todo destreza manual. Un xogo de equilibrio moi divertido! pódense crear acrobacias impresionantes!, só tes que ter coidado!

Portas abertas para despedir o curso na actividade extraescolar de Robótica!

O luns as nenas e nenos que participaron na actividade de Robótica durante este curso, guiados/as polos monitores, fixeron unha presentación ás familias dos programas utilizados e como os manexan. Ademáis tiveron a oportunidade de facer algún xogo empregando Kahoot para comprobar quen sabía máis sobre estos programa, as familias ou os nenos/as.

Foi moi divertido despedirse así ata o ano que ven.

 



Continuamos coas exposicións de pintores!

Seguimos facendo as exposicions dos traballos de Arts sobre pintores. ..e agora tocoulles aos de primeiro A e primeiro B.
Parece que lles gustou??
Non vos parece??

                

               

SILUETAS CORPORAIS NO RECANTO DE CONSTRUCCIÓN.

Xogamos co corpo, movémonos, buscamos posturas supino ou prono, posturas difíciles e articuladas.. e escollemos unha postura sinxela e cómoda que poidamos contornear con pezas. Fixemos dous grupos e dúas siluetas, unha de pezas de Lego e outra con pezas de madeira de construcción. Quedaron chulísimas! Contamos as pezas utilizadas nas siluetas, 66 e 73, cal ten máis? cal menos?, cantas faltan para ser iguais?

ADQUIRINDO RESPONSABILIDADE

Que riquiños e que riquiñas!.Para comelos e comelas!. Xa medraron  moito ao longo deste ano e os pequenos son os de tres anos. Síntense maiores  e adquiriron os cargos  de madriñas e padriños, axudando a poñer os mandilóns, baixar ao patio, subir  e baixar as escaleiras... DABA GUSTO VELOS COIDAR DO GRUPO DE TRES ANOS !

CENORIAS DO NOSO HORTO

Ainda que repartimos as cenorias do horto todavía quedaron moitas, así que tocou probalas crúas.  Lavamos, pelamos  con pelador e  cortamos ao gusto. Tiñamos forma de  espaguetis,  espadas e ouros, así é como quixeron. E cal foi a miña SORPRESA?,  que a gran maioría gustábanlle. Que ricas!que boas! quero máis!...  Temos que repetir esta merenda.

PLANTAMOS LEITUGAS!!

O martes no Muiño de Pedroso plantamos leitugas en macetas. Como xa tiñamos recollida a nosa colleita no horto, plantámolas o xoves. Preparamos a terra, fixemos buratos e transplantamos as leitugas. A estas nenas e nenos encántalles o traballo do Horto!!!!


PARABÉNS DANIELA GÓMEZ E GAEL GRUEIRO!!!

Parabens Daniela Gómez é Gael Grueiro! Naceron o mesmo dia fai xa 6 anos e agora celébrano con tod@s nos.

Exposición de 5º e 6º sobre diferentes pintores aos nenos e nenas de infantil

As nenas e nenos de quinto e sexto de Primaria traballamos en Arts a obra de distintos pintores. E despois ensinamoslles aos de infantil o que descubrimos. Ademais fixemos unhas "copias" dalgunhas das obras dos autores e regalamosllas aos nenos e nenas pequenos. E tamen lles fixemos unhas zapatillas para aprender a atar os cordons.
A nós encantounos a experiencia!! E cremos que eles tamén disfrutaron! !!
Mirade aos de terceiro,  cuarto e quinto de infantil....parece que lles gustou, non si???
E ainda nos quedan mais visitas.

                                     

 

COME BEN, MÓVETE BEN. ACROSPORT: ARTE FRUTAL.

A proposta era facer un verme coa froita que traían, así  que puxémonos máns á obra e a  pelar plátanos e cortar amorodos.Estes son os nosos vermiños, grandes, medianos e pequenos!. Sen dúbida  foi a parva máis exitosa.Seguimos concienciándonos de tomar alimentos saudables porque fannos sentir mellor e sans.


.ACROSPORT. COME BEN, MÓVETE BEN :UN DOCE LÁCTEO

Un doce lácteo moi especial.O noso iogurt favorito con ...froita fresca, seca, cereais, muesli, galletas, fideos de chocolate e LACASITOS . Foi fácil elaboralo e máis comelo.Esta parva estaba deliciosa!!!. 


ACROSPORT. COME BEN, MÓVETE BEN : BOCADILLOS

Esta vez preparamos os bocadillos, variados e  cada quen do que máis lle gustaba. Houbo que abrir o pan con coitelos de plástico e foi máis difícil do que parecía,pero non imposible. Logo colocamos o friame,  que esa foi outra, canto poñemos? E por último o mellor,  A COMER,ñam,ñam.


ACROSPORT COMO BEN, MÓVOME BEN : MACEDONIA

O ACROSPORT da para moito, e agora estamos concienciándonos de tomar merendas saludables para estar fortes e sans para así practicar o ACROSPORT  sin dificultade. 

Comezamos por estas macedonias.Preparamos a froita, algúns coitelos resistíanse. Comemos. Limpamos. Pasámaolo xenial aprendendo e coidándonos.E a macedonia....  exquisita!!!!


Distribuir contido