Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

VISITA AO IES FENE E AO CPI A XUNQUEIRA

    Neste mes de febreiro o alumnado de 6º de Primaria afróntase a unha importante decisión para o seu futuro, escoller centro para cursar a ESO. Como en anos anteriores, primeiro tivemos reunións dos centros públicos da nosa contorna co alumnado e coas nais e pais e logo, fomos visitalos. Dende aquí damos as grazas as directoras do IES Fene  e do CPI A Xunqueira, María e Isabel,  e a todo o equipo de profesorado e alumnado  polo ben que nos trataron ensinándonos os centros e resolvendo todas as cuestións que preocupan nestes momentos  as nosas familias e alumnado.