Skip to Content

Blogue de Pablo Sanchez

Xogamos ao Colpbol

O colpbol, é un deporte que promove a cooperación e o traballo en equipo, xa que se xoga en grupos e require a participación de todos os membros para o desenvolvemento do xogo.

Aquí vemos aos alumnos de 3º e 4º de Primaria na pista exterior desfrutando dun fermoso día:

 

Esta disciplina fomenta a inclusión, pois permite a participación mixta e adapta as regras para diferentes niveis de habilidade, ademais de mellorar capacidades físicas como a velocidade, a resistencia e a coordinación, ao tempo que estimula a toma de decisións rápidas e a estratexia colectiva.

O Floorball en Educación Física

O floorball é un deporte que ofrece múltiples beneficios no ámbito da educación física, especialmente no contexto escolar.

Algúns dos beneficios do floorball en educación física son:

  • Inclusión e accesibilidade: O floorball é un deporte que poden practicar persoas de diferentes idades e habilidades físicas. Isto fai que sexa unha excelente opción para integrar a todos os estudantes, independentemente do seu nivel de habilidade ou condición física.
  • Desenvolvemento motor: A práctica do floorball promove a mellora da coordinación man-ollo, a agilidade e a velocidade de reacción. Ademais, axuda a desenvolver habilidades motoras finas e groseiras, como a destreza manual ao manexar o stick e o control do balón.
  • Fomento do traballo en equipo: O floorball é un deporte de equipo que incentiva a colaboración e a comunicación entre os xogadores. A participación nun equipo pode axudar a mellorar as habilidades sociais dos estudantes e promover un ambiente de respecta mutua.
  • Educación en valores: Practicando deportes como o floorball, os estudantes poden aprender valores importantes como o fair play, o respecto polas regras, a perseveranza e o manexo das vitorias e derrotas.
  • Diversión e motivación: O carácter dinámico e emocionante do floorball pode aumentar a motivación dos estudantes para participar nas clases de educación física.

Este deporte ofrece unha alternativa divertida aos deportes tradicionais, o que pode axudar a manter o interese dos alumnos.

Celebramos o Día da Paz!

O Día da Paz é unha data fundamental para fomentar entre os nenos de educación infantil e primaria valores como a tolerancia, o respecto mutuo e a non violencia.

Celebrar o Día da Paz nas escolas serve para sensibilizar os pequenos sobre a realidade de moitos nenos no mundo que viven en situacións de conflito e carestía.

É unha oportunidade para ensinarlles a importancia de convivir en sociedade respectando ás demais persoas, independentemente das súas diferenzas.

Festival de Nadal!

Hoxe celebramos por todo o alto a chegada do Nadal e das tan merecidas vacacións para todos e todas, xa que traballaron moito durante este primeiro trimestre.

Compartimos con todos vós as actuacións de Nadal destes pequenos e pequenas gran artistas e algunha imaxe da fermosa xuntanza que fixemos entre toda a Comunidade Educativa, desfrutando dun delicioso chocolate con larpeira.

Tedes o resto de imaxes na galería.

Nova dotación de equipo radiofónico

Grazas a ANPA e ao Concello de Aranga, o CEIP A Castellana recibiu a dotación dun equipo completo radiofónico para a Biblioteca Escolar do centro. 

Dende todo o equipo docente, agradecemos enormemente tanto a ANPA coma ao Concello de Aranga pola fermosa e productiva iniciativa.

Canto rimos cos títeres de Borxa Insua!

Hoxe tivemos a visita de Borxa Insua de Títeres Alakran. Que ben o pasamos e canto rimos!

O traballo cos títeres nos máis pequenos de primaria é fundamental xa que contribúe ao desenvolvemento da imaxinación e creatividade, fomenta a expresión oral e corporal, e facilita a comprensión e interiorización de normas sociais e valores.

A manipulación e a representación con títeres permite que os nenos e nenas experimenten con diferentes roles, emocións e situacións, favorecendo así o seu desenvolvemento emocional e social.

Ademais, os títeres poden ser unha ferramenta inclusiva que axude a integrar a todos os alumnos, xa que permite adaptar as actividades ás diferentes capacidades e ritmos de aprendizaxe.

Ver imaxes de hoxe.

Agradecemos a ANPA e ao Concello pola participación na actividade.

Hoxe recibimos a máxica visita de Papá Noel!

Este ano portámonos todos e todas xenial e tivemos no día de hoxe a máxica visita de Papá Noel, que puido recoller él mesmo todas as cartas que días atrás lle escribimos con moito agarimo.

Compartimos con todos vós algunhas das imaxes do día de hoxe. 

Canta ilusión e ledicia temos coa chegada do Nadal!

Na galería de imaxes podedes ver e descargar o resto de fotos que fixo con todos e todas. Quedaron moi fermosas!

Agradecemos a ANPA e ao Concello pola participación na actividade.

 

Entregamos a carta no buzón de Papá Noel

No CEIP A Castellana este ano portámonos moi ben e por iso, estivemos a entregar a carta a Papá Noel no buzón oficial que temos na entrada do colexio.

Agardamos que chegue pronto ao seu destino!

Nota: agradecemos a ANPA pola colaboración

A Abella Beebot visita 1º e 2º de EP

A abella Beebot estivo de visita na clase de 1º e 2º de Primaria, xunto con Unai (Auxiliar de Conversa) e Rosalía (a mestra de Inglés), traballaron conceptos relacionados coa orientación espacial e ca Lingua Inglesa.

A aprendizaxe da orientación espacial coa axuda de Bee-Bots é unha ferramenta educativa extraordinariamente valiosa para os nenos máis pequenos. Estes pequenos robots programables son un recurso ideal para introducir os nenos no mundo do pensamento computacional de maneira lúdica e interactiva.

Os Bee-Bots axudan a desenvolver habilidades básicas de orientación espacial, fundamentais para a comprensión do mundo que nos rodea. Ao programar estes robots para que se movan de un punto a outro, os nenos aprenden conceptos como dereita, esquerda, adiante e atrás, mellorando así a súa capacidade de navegar e entender o espazo físico.

Cantamos con Pako Pakolas e a súa ilustradora Laura

Hoxe desfrutamos de Pako Pakolas e as súas cancións, xunto coa súa ilustradora Laura; que ao mesmo tempo que cantábamos as cancións debuxou os protagonistas das súas cancións tan marchosas.

*Nota: na galería tedes máis imaxes do día de hoxe.

 Agradecer a ANPA e o Concello pola participación na actividade.

Distribuir contido


by Dr. Radut