Skip to Content

Blogue de Pablo Sanchez

Festa da árbore, Santa Cruz de Aranga

No día de hoxe puidemos gozar dunha fermosa xornada festiva na Ponte de Aranga, toda a Comunidade Educativa reunida para celebrar a Santa Cruz de Aranga. 

Prantamos árbores ao carón do río e fixemos a solta dunha ave da rapiña, despois gozamos de moito baile, festa, ledicia, xogos, música e bo xantar nun lugar cheo de beleza.

Que ben o pasamos! 

Compartimos con todos vos un par de vídeos e imaxes, pero deixamos na galería moitas máis instantáneas desta xornada festiva nun fermosa contorna.

Agradecemos a gran participación por parte dos pais/nais e ao Concello de Aranga por toda a xestión e colaboración durante a saída.

 

Divertímonos con este circuito!

Traballar as capacidades físicas básicas en educación física é crucial para un desenvolvemento saudable e equilibrado dos estudantes. Estas habilidades son esenciais para mellorar a condición física, a saúde e o benestar xeral dos alumnos.

Unha forma divertida e eficaz de traballar estas capacidades é mediante a creación de circuitos de exercicios. Os circuitos ofrecen unha gran variedade de actividades, cada unha centrada nunha habilidade específica.

Aprendemos matemáticas cos cadernos interactivos!

Ademais das sumas, as restas e o cálculo mental, as táboas de multiplicar constitúen unha das bases fundamentais das matemáticas.

Os cadernos interactivos son unha ferramenta moi útil xa que promoven a creatividade e a orixinalidade, coa finalidade de que as clases deixen de ser aburridas e se active a aprendizaxe visual.

Deste xeito, practicar as táboas de multiplicar cun compañeiro ou cunha compañeira, dálles a oportunidade de traballar o cálculo mental dun xeito máis relaxado, polo que memorizan as operacións mellor, perden o medo ás táboas e gañan confianza.

Aquí vos deixamos unhas imaxes de como estiveron a traballar os nenos e nenas de 2° de Primaria, que ben o pasaron!

Xogamos ao Bádminton!

O bádminton é un deporte que, a pesar de non ser tan popular como o fútbol ou o baloncesto, ofrece múltiples beneficios para o desenvolvemento físico e mental dos nenos e nenas en idade escolar.

Incluir o bádminton é un deporte que ofrece múltiples beneficios para os alumnos de educación primaria, tanto a nivel físico como mental. A súa práctica axuda no desenvolvemento de habilidades físicas básicas, fomenta o traballo en equipo e a socialización, estimula a concentración e a toma de decisións, e promove un estilo de vida activo e saudable.

Novos monitores interactivos!

A Xunta de Galicia ben de dotarnos 4 paneis interactivos de 75 pulgadas para cada unha das aulas principais do centro (unha para EI, outra para 1º e 2º, outra para 3º e 4º e a última para 5º e 6º). 

Deste xeito mantemos todas as aulas principais cunha total conectividade. Ditos monitores interactivos permiten unha gran funcionalidade táctil, son moi versátiles e facilitan en gran medida a aprendizaxe. 

 

Aprendemos sobre o dano cerebral cos Bolechas

No día de hoxe, o alumnado de 1º,2º, 3º e 4º de Primaria tivo a sorte de ter unha visita da Federación Española de Dano Cerebral adquido e puidemos coñecer este tipo de doenza ao mesmo tempo que enfatizamos na importancia de traballar a tolerancia e a colaboración cos demáis.

Estas habilidades son fundamentais para o seu desenvolvemento social e emocional, así como para a súa capacidade de integrarse na escola e na comunidade.

Os nenos con dano cerebral adquirido poden ter dificultades para controlar as súas emocións e impulsos, e poden sentir frustración cando se enfrontan a desafíos. A tolerancia ensina aos nenos a aceptar as diferenzas e a ter paciencia coas persoas que teñen necesidades diferentes ás súas. Isto pode axudar aos nenos con dano cerebral adquirido a sentirse máis cómodos en situacións sociais e a desenvolver a súa empatía.

A colaboración tamén é unha habilidade importante para os nenos con dano cerebral adquirido, xa que lles permite traballar en equipo e resolver problemas xuntos. Isto pode mellorar a súa autoestima e darlles unha maior sensación de control e éxito.

Deixamos voar a nosa imaxinación cun contacontos

Os contos son unha ferramenta esencial na educación infantil e primaria, xa que permiten que os nenos/as desenvolvan a súa imaxinación, creatividade e habilidades lingüísticas. O papel do contacontos é crucial neste proceso, xa que é o encargado de transmitir a historia de maneira atractiva e emocionante, mantendo a atención dos nenos e espertando o seu interese pola lectura.

Ademais, os contos son unha forma divertida de ensinar valores e habilidades sociais aos nenos. A través de historias exemplares, os nenos poden aprender leccións de respecto, tolerancia, amizade e colaboración, entre outros aspectos importantes para o seu desenvolvemento emocional e social.

No día de hoxe puidemos gozar dun contacontos para Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria, no que entre todos, imaxinamos unhas historias moi divertidas. 

Ao mesmo tempo que escoitamos do conto, foise debuxando. Ao rematar puidemos pintalo e quedou moi fermoso.

 

Aprendemos de xeito interactivo!

As novas tecnoloxías son unha ferramenta que permite o ensino interactivo, xa que ofrece a posibilidade de interactuar co contido de forma visual e dinámica. 

No día de hoxe estivemos traballando os tempos verbais (presente, pasado e futuro) en Lengua Castellana nos cursos 3º e 4º.

 

Xogamos coa lingua!

Para pechar este segundo trimestre, o alumnado de Educación Infantil estivo a traballar xogos de lingua para dar a benvida á primavera.

Adiviñas, cantigas, trabalinguas e poemas foron as grandes protagonistas das nosas clases estes días. Tantas ganas tiñamos de que chegara o bo tempo, que non se nos resistiu nin a lingua inglesa!

Esta proposta axuda aos nenos e nenas a mellorar a súa linguaxe, a vocalización, así como tamén a súa memoria.

Ademáis, permítelles desenvolver a imaxinación, a súa interese pola lingua e a lectura, sen esquecer valores como o traballo en equipo, o respecto e a tolerancia.

Aquí vos deixamos un vídeo no que podedes comprobar o ben que recitan os pequenos e pequenas nas diferentes linguas. Agardamos que vos guste!

Reciclamos e xogamos ao dominó

Educar na reciclaxe en educación primaria é fundamental para inculcar nos nenos e nenas hábitos e valores responsables co medio ambiente. A reciclaxe é unha práctica esencial para o coidado do medio ambiente, xa que axuda a reducir a cantidade de residuos que se xeran e a diminuír a contaminación ambiental.

Os alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria, estiveron a reciclar e fixeron un divertido dominó, fixádevos que partidas máis interesantes e saudables saíron.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut