Skip to Content

Biblioteca

Gozamos da lectura na biblioteca coa nosa mascota

A lectura é unha ferramenta poderosa no desenvolvemento cognitivo e emocional dos nenos/as. Nesta etapa, a imaxinación está en plena efervescencia e os libros convértense en portais para mundos cheos de fantasía e aventuras que estimulan a creatividade e a curiosidade.

Ao ler, os pequenos melloran a súa comprensión lectora e amplían o seu vocabulario, o que é fundamental para o seu éxito académico futuro.

Ademais, as historias con que se atopan nos libros ensínanlles valores importantes como a empatía e a solidariedade, xa que se identifican con personaxes e situacións que lles axudan a entender mellor o mundo ao seu redor.

Fomentar o uso da biblioteca nos máis pequenos é esencial para converter a lectura nun hábito duradeiro. A biblioteca do CEIP A Castellana é un espazo ideal para facer voar a nosa imaxiación na compaña de Camacho o Ourizo Cacho.

 

Xogamos na Biblioteca coa compaña de Camacho!

A biblioteca é un lugar máxico que non só alberga libros e recursos educativos, senón que tamén é un espazo de encontro para o alumnado. É un lugar onde os estudantes poden reunirse para compartir o seu amor pola lectura, explorar novas ideas e aprender xuntos.

Ademais de ser unha fonte inesgotable de coñecemento, a biblioteca tamén é un lugar onde os estudantes poden gozar de xogos cooperativos. 

Xa sexa que se trate de xogos de mesa, xogos de roles ou xogos educativos, estes fomentan a creatividade e a imaxinación. Pero a biblioteca é moito máis que un lugar para ler e xogar. É un lugar onde os estudantes poden conectar con outros estudantes, compartir ideas e descubrir novas formas de pensar.

É un lugar onde poden aprender sobre diferentes culturas e perspectivas, e onde poden desenvolver habilidades sociais importantes como a empatía e a comprensión. 

Ademais, na Biblioteca de Camacho o Ourizo cacho, contamos con dispositivos electrónicos que permiten a conectividade coa internet. Isto permítenos facer consultas, xogar de xeito interactivo e fomentar o desenvolvemento de competencias dixitais no alumnado.

Melloras na Biblioteca do centro

Hoxe puidemos entrar na Biblioteca do CEIP A Castellana, e recibiunos a nosa mascota Camacho o Ourizo Cacho con moitas novas: xogos cooperativos, xogos de mesa, puffs de lectura e un sin fin de libros novos!

Grazas ás axudas remitidas pola Consellería de Educación, dentro da Rede de Bibliotecas Escolares, puidemos aproveitar unha partida extraordinaria para melloras de bibliotecas na contorna rural. 

Continuamos a facer da Biblioteca un fermoso lugar de encontro para todo o centro educativo, onde facer boar a nosa imaxinación coa lectura e poder compartir espazo con todos os alumnos/as.

Traballamos en grupo coa nosa mascota da Biblioteca

Hoxe Camacho o Ourizo cacho estivo moi preto nosa traballando en grupo cos alumnos de 2º de Educación Primaria, unha xornada na que puidemos facer tarefas en grupo fomentando a colaboración.

A colaboración é importante para o desenvolvemento dos nenos por varias razóns:

  • Desenvolvemento social e emocional: Ao traballar en equipo, os nenos aprenden a compartir, a escoitar aos demais e a resolver conflitos de maneira pacífica, habilidades sociais e emocionais esenciais para o seu desenvolvemento.
  • Mellora da autoestima e a confianza: Ao participar en proxectos en equipo, os nenos senten valorados e recoñecidos polas súas habilidades e contribucións, o que mellora a súa autoestima e confianza en si mesmos.
  • Aprendizaxe efectiva: A colaboración axuda aos nenos para aprender de maneira máis efectiva, xa que lles permite compartir coñecementos e enriquecerse mutuamente.
  • Preparación para a vida adulta: A colaboración é unha habilidade esencial para o éxito no traballo e na vida adulta, polo que é importante que os nenos a desenvolvan desde temperá idade.

En resumo, a colaboración é esencial para o desenvolvemento integral dos nenos, xa que lles axuda a desenvolver habilidades sociais e emocionais, mellorar a súa autoestima e confianza, aprender de maneira efectiva e prepararse para a vida adulta.

Estreamos recuncho de xadrez na Biblioteca

A aprendizaxe do xadrez, un xogo de estratexia de gran profundidade, presenta beneficios para todas as idades en xeral, pero no caso dos nenos, axúdalles dunha maneira especial a espertar as súas capacidades intelectuais e desenvolver o seu pensamento lóxico de maneira máis temperá.

A aprendizaxe do xadrez nos nenos é moi beneficioso xa que estimula o desenvolvemento das estruturas cognitivas mediante a concentración, memoria, atención, coordinación, abstracción e desenvolvemento de tácticas e estratexias compoñentes esenciais no xogo-ciencia.

Estreamos na Biblioteca un novo recuncho para concentrárnos e poder xogar moitas partidas!

Traballamos en equipo e lemos con Camacho o ourizo cacho!

A Biblioteca é un dos nosos recunchos preferidos, permítenos imaxinar, fomentar a nosa creatividade e adentrarnos nun sin fin de aventuras. 

Un lugar máxico para desfrutar da lectura ca nosa mascota Camacho o Ourizo cacho; moi querido por todos e todas.

A lectura é un instrumento fundamental para a aprendizaxe, é unha fonte de entretemento e de desenvolvemento intelectual e axuda a mellorar a capacidade expresiva, a linguaxe e a imaxinación.

Os nosos libros antigos!

Gardas algún libro dos teus primeiros anos?

Quizais algún daqueles de cartón duro cos que aprendiches a nomear animais, plantas, formas...

E a túa familia, que libros ten pola casa? Con este traballo, os alumnos e alumnas de 5º e 6º puideron descubrir auténticas xoias coas que van a gozar moito.

Pareabéns nenos e nenas.

Desfrutamos da lectura na nosa Biblioteca escolar!

Cada día desfrutamos da lectura no CEIP A Castellana, hoxe compartimos unhas imaxes con todos vos, onde os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Educación Primaria ensinaron a leer á nosa mascota Camacho o Ourizo Cacho. 

Canto imaxinamos e canto desfrutamos ca lectura! 

Camacho tamén se dixitaliza!

Hoxe cando entramos na Biblioteca do colexio puidemos ver á nosa mascota Camacho o Ourizo Cacho cun equipo portátil novo. Estaba cheo de ledicia! 

Desexando que os alumnos e alumnas do CEIP A Castellana comecen a visitalo cada semana.

Este ordenador poderá ser empregado por todos e todas para consultas dixitais na Biblioteca. 

 

Camacho o Ourizo Cacho, nova mascota da Biblioteca

Na biblioteca do CEIP A Castellana, esta semana tivemos unha fermosa visita de Camacho o Ourizo Cacho que dende hoxe quedarase con nós a facernos compaña nas lecturas e xuntanzas que fagamos dentro da Biblioteca escolar. 

Camacho, presentará todos os libros e novidades que se vaian incorporando ás nosas estanterías. Que como sabedes, cada ano se van ampliando e mellorando. 

Camacho o Ourizo Cacho, está desexando ver a todos e todas de visita neste fermoso recuncho do noso centro, cheo de información para facer boar a nosa imaxinación.

Distribuir contido


by Dr. Radut