Skip to Content

Actividades Municipais Aranga 2024/2025

  • Preinscricións: do 9 ao 19 de setembro
  • Inicio das actividades: 1 de outubro

O Concello de Aranga ofrece unha ampla variedade de actividades para todas as idades: Taekwondo, Fútbol Sala, Patinaxe, Baile Galego, Natación, Informática, Manualidades, Debuxo, e moito máis! 

Descontos dispoñibles para que ninguén quede sen participar. Consulta as condicións no noso programa completo.

Inscricións e máis info: apuntatearanga@gmail.com ou no 981 79 35 90 ou no formulario https://forms.gle/udknv2KR4u8SM9hf9

Xa queda pouco para voltar!

Ola a todos e todas, xa queda moi pouquiño para voltar ao colexio.

O vindeiro mércores, 11 de setembro comeza a actividade lectiva, tanto en Educación Infantil como en Educación Primaria.

Dende o grupo de mestres/as estamos desexando vervos de novo. 

Polo de agora, toca aproveitar os últimos días de vacacións e prepararse para un novo ano académico.

A mochila do vindeiro curso, veredes que levará a mesma ilusión de sempre e cheos de ledicia de volver a vernos todos e todas. 

Horarios mes de setembro 2024

José Luis Pico Espiñeira, director do CEIP A Castellana, comunícalles: 

Que no vindeiro mes de setembro de 2024, os horarios de entrada dos alumnos/as que non teñan transporte escolar e tamén os que voluntariamente non o queiran empregar, deberán estar no colexio ÁS DEZ MENOS CUARTO da mañá; asimesmo terán que recollelos ÁS TRES E MEDIA DA TARDE.

Os horarios de saída do transporte escolar (dende o centro) serán: 

- Luns, mércores, xoves e venres: ás CATRO da tarde.

Martes: ás CINCO MENOS CUARTO da tarde. 

 

*MOI IMPORTANTE: tanto na entrada como na saída do colexio, está prohibida a entrada de vehículos no recinto escolar (como prevención).

 Esperando que se cumpra o anteriormente exposto por tema de organización. 

E asimesmo, o día 2 de setembro (luns), todos os pais/nais, titores/as deberán de entregar no colexio o impreso de comedor cuberto, en horario de DEZ E MEDIA (10:30h) a DOCE da mañá (12:00h).

As clases comezarán o vindeiro 11 de setembro (mércores).

Cordialmente, o director.

 

Despedimos aos alumnos/as de 6º de Primaria

Hoxe foi un día moi emotivo, porque despedimos aos alumnos e alumnas de 6º de Primaria. No día de hoxe rematan unha etapa, para comezar outra distinta nas súas vidas académicas. 

Un día de sentimentos encontrados, pois despedímonos con agarimo dos nosos queridos alumnos e alumnas de 6º de Primaria. Vós, que enchestes as nosas aulas de risos, aprendizaxes e momentos inesquecibles, comezades agora unha nova travesía chea de retos e oportunidades.

Dende o CEIP A Castellana, queremos dicirvos que sempre levaremos un anaco de vós nos nosos corazóns e que aquí sempre atoparedes un fogar.

Que a sorte vos acompañe nesta nova etapa!

Ver todas as imaxes.

Despedímonos cun fermosos baile!

Os alumnos de 5º e 6º de primaria estiveron preparando un fermoso baile como despedida a este curso.

Traballaron con moita ilusión e esforzo durante semanas, perfeccionando cada movemento e coordinando os seus pasos para ofrecer un espectáculo inesquecible.

FlashMob de 3º e 4º de Primaria

O flashmob (movemento rápido) é unha actividade divertida e dinámica, onde os nenos e nenas participan nunha coreografía sorpresa en grupo.

Esta práctica non só promove a actividade física, senón que tamén fomenta o traballo en equipo, a coordinación e a creatividade.

Ademais, bailar ten un impacto positivo no desenvolvemento emocional e social dos estudantes, mellorando a súa autoestima e fomentando a expresión corporal. Integrar o baile no ámbito educativo axuda a crear un ambiente máis ameno e inclusivo na aula.

Teatralizamos a Dona Carme

A teatralización na educación primaria ten unha grande importancia, xa que promove o desenvolvemento integral dos nenos e nenas.

A través do teatro, os pequenos poden mellorar a súa expresión oral, a súa creatividade e a súa capacidade para traballar en equipo.

Ademais, a dramatización axuda a fortalecer a empatía e a comprensión das emocións propias e alleas, facilitando a aprendizaxe de valores sociais e emocionais.

No día de hoxe os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria teatralizaron a Dona Carme e os seus animais e tiveron de público aos alumnos/as de Educación Infantil, que ben o pasaron!

Excursión á Granxa Coventina

O contacto regular cos animais e a natureza ofrece numerosos beneficios para os nenos e nenas. En primeiro lugar, promóvese o benestar emocional e mental.

Estar rodeado de natureza e interactuar con animais axuda a reducir os niveis de estrés e ansiedade. Ademais, fomenta a empatía e o respecto cara aos seres vivos, ensinando aos nenos a importancia do coidado e a responsabilidade.

Estes momentos ao aire libre tamén son unha excelente oportunidade para desconectar das pantallas e as tecnoloxías, permitindo un descanso mental necesario.

Compartimos con todos vos algunhas das imaxes da excursión de fin de curso que fixemos á Granxa Coventina, onde fixemos actividades como tiro con arco, montamos a cabalo, en burro e incluso fixemos de oleiros nun pequeno taller práctico.

Podedes ver todas as imaxes premendo aquí.

A Castellana Chefs!

Os alumnos/as de 3º e 4º de Educación Primaria convertíronse en Chefs por un día.

Como despedida ao noso auxiliar de conversa, fixeron esta fermosa e didáctica actividade para poder empregar a lingua inglesa e tiveron a oportunidade de practicar vocabulario e expresións en inglés mentres elaboraron receitas moi ricas.

Esta combinación non só enriquece o coñecemento cultural dos nenos e nenas, senón que tamén lles permite desenvolver destrezas sociais e comunicativas nun ambiente natural e estimulante.

Celebramos os maios e o Día das Letras Galegas!

A celebración dos Maios na escola é fundamental para preservar e transmitir as nosas tradicións culturais ás novas xeracións.

Este evento permite que os nenos e nenas se acheguen ás raíces galegas a través de actividades como a confección de maios con flores e plantas, a interpretación de coplas tradicionais e a participación en danzas populares.

Ademais de fomentar o respecto pola natureza e o medio ambiente, esta festividade promove a cohesión social e o sentimento de pertenza a unha comunidade, ao mesmo tempo que se incentiva a creatividade e o traballo en equipo entre o alumnado.

Do mesmo xeito, celebrar as Letras Galegas é fundamental para os nenos e nenas porque promove o coñecemento e a valoración da nosa cultura e lingua.

Este ano, ao dedicarse a Luisa Villalta, unha autora comprometida coa defensa da identidade galega, quixemos facer unha pequena homenaxe cantando a Luisa Villalta.

Grazas a esta conmemoración os alumnos/as afondan no sentimento de pertenza á súa terra e aprenden a apreciar a importancia de conservar e promover o galego no seu día a día.

Compartimos con vós algunhas imaxes do día de hoxe.

PD: Agradecer a todas as familias pola colaboración nas flores. Na galería de imaxes tedes máis imaxes.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut