Skip to Content

Blogue de Pablo Sanchez

Festival do Entroido!

No día de hoxe pasámolo en grande. Toda a Comunidade Educativa gozou dunha xornada festiva. 

Os alumnos e alumnas foron caracterizados de Natureza, destacando a importancia de coidar a nosa contorna. Todos puidemos desfilar para mostrar as nosas fermosas vestimentas. 

Ademáis, grazas á colaboración da ANPA, estivemos a merendar deliciosos doces de Entroido nunha fermosa tarde na que todos xuntos puidemos bailar e gozar dunha música moi "carnavaleira".

Na galería de imaxes poderedes ver máis instantáneas.

 

 

Ramiro este ano veu ao colexio cun enorme tractor!

Como ben sabedes, no entroido deste ano imos caracterizados de Natureza, e un dos grupos irá disfrazado de gandeiros/as. Por iso, este ano o Meco Ramiro chegou montado nun tractor xigante. Na entrada do CEIP A Castellana podemos ver a Ramiro ao lado deste tractor.

A maior sorpresa é que dentro deste tractor estamos todos e todas. Na cabina atópase o equipo que guía o camiño de todos os nenos e nenas do centro.

No remolque podemos ver todos os alumnos/as do colexio.

Quedou moi fermoso! 

Compartimos tamén unha actividade que fixeron os alumnos/as de 5º e 6º de Educación Primaria sobre o Entroido na Comunidade Galega, traballando por provincias os atuendos de antroido máis tradicionais.

 

Melloras na Biblioteca do centro

Hoxe puidemos entrar na Biblioteca do CEIP A Castellana, e recibiunos a nosa mascota Camacho o Ourizo Cacho con moitas novas: xogos cooperativos, xogos de mesa, puffs de lectura e un sin fin de libros novos!

Grazas ás axudas remitidas pola Consellería de Educación, dentro da Rede de Bibliotecas Escolares, puidemos aproveitar unha partida extraordinaria para melloras de bibliotecas na contorna rural. 

Continuamos a facer da Biblioteca un fermoso lugar de encontro para todo o centro educativo, onde facer boar a nosa imaxinación coa lectura e poder compartir espazo con todos os alumnos/as.

Hoxe convertémonos en verdadeiros chefs de cociña

No día de hoxe, estivemos a facer unha fermosa actividade, na que o alumnado puido participar na elaboración dunha receita de cociña. 

Coa axuda dos titores/as, de Esther e da Cociñeira Ana, os alumnos/as estiveron a elaborar unhas deliciosas pizzas con ingredentes naturais. Ademáis, puideron gozar dun sabroso brownie de chocolate.

Que fame nos entrou de súpeto!

 

PD: deixámos máis imaxes dentro da galería, podedes acceder premendo aquí.

 

Volta Ramiro un ano máis polo Entroido

O noso meco Ramiro, voltou ao noso colexio. Hoxe pola mañá, os alumnos e alumnas máis veteranos do colexio axudaron a ubicalo na entrada do centro. 

Xa sabemos que o luns toca vir cun mandil, veremos que nos depara para os vindeiros día da semana...

Ademais, os alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria, debéronse entreter un pouco polo camiño, porque mirade qué imaxe máis icónica nos chegou... 

Brincamos con Paco Nogueiras

A música estimula a zona dereita do cerebro que está especializada en sentimentos e habilidades especiais visuais e sonoras, como a música ou a arte.

A música fai que a imaxinación do neno/a viaxe por diversidade de mundos diferentes, que viva experiencias e emocións que fan que enriqueza a súa mente.

Grazas á colaboración da ANPA e do Concello de Aranga, hoxe estivemos a gozar da música co Concerto de Paco Nogueiras, chamado "c@nto contigo".

Nova dotación tecnolóxica para o CEIP A Castellana

Grazas á colaboración da ANPA e do Concello de Aranga, estamos a acelerar a dixitalización no noso centro educativo

Hoxe a ANPA fíxonos entrega de:

  • Seis tablets 
  • Un ordenador portátil.
  • Dous robots interactivos

Con todo este material poderemos fomentar o uso das novas tecnoloxías en todas as etapas educativas, dende Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria. 

 

Desfrutamos a pista exterior!

Compartimos unhas imaxes e vídeos do ben que o pasamos xogando na nova pista multideporte!

Xogar cos compañeiros no colexio é importante por varias razóns:

  • Fomenta a construción de relacións sociais: Xogar con outros nenos e nenas aumenta a interacción social e a capacidade de traballar en equipo.
  • Desenvolve habilidades sociais: Durante os xogos, os nenos aprenden a compartir, a escoitar e a resolver conflitos de forma pacífica.
  • Mejora a saúde física: Xogar e facer deporte no colexio contribúe ao benestar físico e ao desenvolvemento do sistema cardiovascular.

Entroido 2023

Estimadas familias:

Outro ano máis celebraremos o entroido. Este curso iremos caracterizados da Natureza, para fomentar o coidado do medio ambiente e os animais. Enfatizando na nosa contorna.

  • Os alumnos/as de Educación Infantil irán vestidos de animais de granxa.
  • Os alumnos/as de 1º e 2º de primaria irán caracterizados de produtos da horta.
  • Os alumnos/as de 3º e 4º de primaria irán caracterizados de agricultores e gandeiros.
  • Os alumnos/as de 5º e 6º irán vestidos de árbores.

Os disfraces elaboraranse na casa. Recordade que a actividade é totalmente VOLUNTARIA.

O entroido será celebrado o día 17 de febreiro no pavillón do centro, contando coa colaboración da ANPA e do Concello de Aranga, en horario de 15:15h a 16:45h e podrán asistir todos os pais/nais, titores/as ou familia que así o desexen.

 

Ademáis, na semana do 13 ao 17 de febreiro celebraremos o entroido coa figura do  Ramiro.

Cada día da semana, o Meco indicará que elemento debemos traer o día seguinte.

Para facilitarvos a tarefa, aquí indicámosvos o que se pedirá cada día (que debe ser acumulativo):

  • Luns 13 de febreiro: Ao colexio non ves cociñar pero un mandil terás de levar.
  • Martes 14 de febreiro: se queredes ser “molóns” poñede os calcetíns por fóra dos pantalóns.
  • Mércores 15 de febreiro: No pescozo has de levar una gravata para impresionar.
  • Xoves 16 de febreiro: Se diferente queres aparentar un chicho na cabeza has de plantar (o se o pelo curte tes una diadema ou cinta terás que traer).
  • O venres 17 de febreiro: levaremos o disfrace propio do día do entroido, este ano será sobre a Natureza.

 

Traballamos en grupo coa nosa mascota da Biblioteca

Hoxe Camacho o Ourizo cacho estivo moi preto nosa traballando en grupo cos alumnos de 2º de Educación Primaria, unha xornada na que puidemos facer tarefas en grupo fomentando a colaboración.

A colaboración é importante para o desenvolvemento dos nenos por varias razóns:

  • Desenvolvemento social e emocional: Ao traballar en equipo, os nenos aprenden a compartir, a escoitar aos demais e a resolver conflitos de maneira pacífica, habilidades sociais e emocionais esenciais para o seu desenvolvemento.
  • Mellora da autoestima e a confianza: Ao participar en proxectos en equipo, os nenos senten valorados e recoñecidos polas súas habilidades e contribucións, o que mellora a súa autoestima e confianza en si mesmos.
  • Aprendizaxe efectiva: A colaboración axuda aos nenos para aprender de maneira máis efectiva, xa que lles permite compartir coñecementos e enriquecerse mutuamente.
  • Preparación para a vida adulta: A colaboración é unha habilidade esencial para o éxito no traballo e na vida adulta, polo que é importante que os nenos a desenvolvan desde temperá idade.

En resumo, a colaboración é esencial para o desenvolvemento integral dos nenos, xa que lles axuda a desenvolver habilidades sociais e emocionais, mellorar a súa autoestima e confianza, aprender de maneira efectiva e prepararse para a vida adulta.

Distribuir contido


by Dr. Radut