Skip to Content

Blogue de Pablo Sanchez

Chegou o Samaín!

Durante esta semana estivemos a traballar O Samaín. Fixemos moitas tarefas entretidas, nas que coñecemos esta festividade.

Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano.

Nesta celebración, os celtas crían que os espíritos dos mortos volvían á Terra e facían rituais para protexerse e espantar os malos espíritos. Co paso dos anos, a festividade de Samaín fusionouse co Día de Todos os Santos cristián, que se celebra o 1 de novembro.

A continuación deixamos algunha imaxe dos disfraces terroríficos cos que viñeron moitos dos alumnos e alumnas. 

Asimesmo, podedes ver as cabazas que, sen dúbida quedaron de medo! Moitísimas grazas a todas as familias que colaboraron.

PD: recordade que teredes todas as imaxes na galería

Por certo! Apareceron unhos misteriosos morcegos voando pola páxina web... Alguén sabe algo disto? 

 

 

Axilidade e orientación espacial!

Compartimos con todos vós un vídeo dous alumnos/as de 5º e 6º de EP nun xogo de educación física non que traballamos a orientación espacial, a axilidade e a coordinación óculo manual.

Neste xogo, os estudantes teñen que derrubar puntos de referencia estratéxicos e ao mesmo tempo evitar ou impacto dá pelota para demostrar a súa axilidade.

Unha actividade divertida que promove ou desenvolvemento integral dúas nosos alumnos e alumnas.

Exposición de cabazas - Samaín 2023

Estimadas familias:

Co motivo da celebración do Samaín, invitámosvos a participar na exposición de cabazas que terá lugar este ano.

Animámosvos a e decorar unha cabaza na casa con diferentes motivos (de maneira voluntaria).

Estas deberán entregarse o luns 30 de outubro e permanecerán expostas ata o venres 03 de novembro (día no que se levarán para a casa).

Gracias pola colaboración.

Aprendemos os órganos do corpo humano!

En 2º de Educación Primaria estamos aprendendo os diferentes órganos do corpo humano.

Cremos que a mellor maneira de entender e apreciar a complexidade do noso corpo é facéndoo de forma didáctica e interactiva.

Empregamos unhas maquetas, nas que os alumnos/as puidieron ver de preto a estrutura e función dos diferentes órganos, proporcionando unha comprensión máis profunda do funcionamento do corpo humano.

As maquetas non só axudaron a visualizar a complexidade dos órganos, senón que tamén permitiron aos estudantes interactuar de forma táctil con estes modelos, reforzando así o seu aprendizaxe.

Esta metodoloxía práctica fomenta o interese e a curiosidade, isto axuda a cumprir o noso obxectivo de creación dun entorno de aprendizaxe estimulante e enriquecedor.

Esforzo e traballo en equipo!

Comezamos o curso con enerxía e moitas gañas de esforzarnos e traballar en equipo, cos novos grupos de compañeiros/as en cada clase.

En EF estivemos a facer xogos cooperativos para fomentar valores como o esforzo e o traballo en equipo.

Todo isto é fundamental por varias razóns:

Desenvolvemento persoal e social: O esforzo e o traballo en equipo son dúas competencias clave para o desenvolvemento persoal e social dos nenos e nenas. Estes valores axudan a mellorar as súas habilidades de comunicación, a súa capacidade para resolver problemas e a súa autoestima.

Fomento do respecto e a tolerancia: Traballar en equipo require aprendizaxe para aceptar as diferenzas, valorar as opinións dos demais e respectar as regras. Estes son elementos fundamentais para a convivencia pacífica na sociedade.

Preparación para o futuro: No mundo laboral, valorase moito a capacidade de traballar en equipo e de esforzarse por alcanzar obxectivos. Por tanto, fomentar estes valores desde a infancia pode axudar aos nenos e nenas a ter éxito no futuro.

 

Horarios de outubro a maio

José Luis Pico Espiñeira, director do CEIP A Castellana, Aranga, comunícalles, que os horarios dende o mes de outubro a maio (ambos incluídos), serán os seguintes:

- Alumnos/as que NON teñen dereito ao transporte escolar:deberán de estar no colexio ás DEZ E CUARTO DA MAÑÁ e asimesmo, pola tarde, terán que recollelos ás CINCO MENOS CUARTO.

Os alumnos/as que voluntariamente non queiran utilizar o transporte, deberán estos mesmos horarios

 

NOTA: rógase o cumprimento de ditos horarios, para un mellor funcionamento do colexio.

Cordialmente, o director.

Xa queda pouco para voltar!

Ola a todos e todas, xa queda moi pouquiño para voltar ao colexio.

O vindeiro luns, 11 de setembro comeza a actividade lectiva, tanto en Educación Infantil como en Educación Primaria.

Dende o grupo de mestres/as estamos desexando vervos de novo. 

Polo de agora, toca aproveitar os últimos días de vacacións e prepararse para un novo ano académico.

A mochila do vindeiro curso, veredes que levará a mesma ilusión de sempre e cheos de ledicia de volver a vernos todos e todas. 

 

Aviso importante para o 4 de xullo e 1 de setembro

José Luis Pico Espiñeira, director do CEIP A Castellana,recórdalles o seguinte:

  • O 4 de xullo (martes), todos os pais/nais ou titores/as deberán pasar polo centro educativo en horario de DEZ E MEDIA (10:30h) a DOCE da mañá (12:00h), para recoller os impresos de comedor e as axudas de libros e material escolar (a quen lle corresponda).
  • E asimesmo, o día 1 de setembro (venres), todos os pais/nais, titores/as deberán de entregar no colexio o impreso de comedor cuberto, en horario de DEZ E MEDIA (10:30h) a DOCE da mañá (12:00h).
  • As clases comezarán o vindeiro 11 de setembro (luns).

Cordialmente, o director.

Despedimos aos alumnos de 6º de EP!

Hoxe é un día triste no que todos e todas nos emocionamos ao relembrar toda a etapa que estes alumnos/as viviron neste centro.

Nove anos cheos de ledicia no que acompañamos a aprendizaxe deste nenos e nenas.

Grazas por todo e moita sorte nesta nova etapa!

O Colexio sempre terá as portas abertas para todos vós.

Brais, Sofía, Iker, Iván, Sara, Claudia, Raquel, Daniel, Lorenzo

 

G R A Z A S    P O R    T O D O 

PD: Tedes todas as imaxes na galería.

 

Xornada de contacto na natureza na Casa do Queixo!

Hoxe tivemos excursión de fin de curso, e pasámolo en grande en contacto ca natureza. Unha xornada na que gozamos de moitas actividades dentro da Granxa Escola.

Os alumnos/as fixeron un sin fin de actividades: Roteiros aos muíños (lendas e tradicións), taller de cociña Xincana pola granxa para coñecer prantas, animais, construcións, usos e historia, obradoiro artístico de cores e olores, etc

Sen dúbida un día de desconexión favorecendo as relacións sociais de todo o colexio. Dando un broche final ao curso académico, no que todos e todas foron unhos verdadeiros campións tanto a nivel académico como a nivel de comportamento. 

Compartimos con vós unha imaxe grupal e premendo aquí veredes as restantes imaxes tomadas na saída.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut