Skip to Content

Blogue de Pablo Sanchez

Festa da árbore 2024

José Luis Pico Espiñeira, director do CEIP A Castellana - Aranga, comunícalles que a Festa do Día da Árbore (programada polo Concello de Aranga), celebraráse o vindeiro Martes 30 de abril durante a xornada escolar neste colexio, coa colaboración do mesmo.

Realizaránse actividades para todos os nenos/as (animación, colchonetas, solta dunha ave...) tanto pola mañá como despois do comedor escolar. Recomendamos que os nenos/as veñan sen merenda para o recreo, así como sen mochila.

Polo que os horarios serán os mesmos que un día lectivo ordinario, tanto en relación a entrada e saída do transporte escolar, como do comedor para os nenos/as.

Cordialmente, o director.

Desfrutamos dun circuito na pista multideporte

Os alumnos/as de 1º e 2º de Educación Primaria, estiveron a desfrutar dun circuito de habilidade onde se traballaron as capacidades físicas básicas e a psicomotricidade dentro da pista multideporte do patio. 

Compartimos con todos vós, un vídeo destes pequenos grandes deportistas.

Coñemos máis sobre o compostaxe

A compostaxe é unha parte fundamental da educación ambiental nas etapas iniciais, como a educación primaria. Introducir aos nenos e nenas ao proceso de compostaxe axúdaos a entender o ciclo de vida dos materiais orgánicos e a importancia de reciclar e reducir o lixo.

Este coñecemento fomenta unha conciencia ambiental desde idades temperás, ensinándolles o valor de coidar o noso planeta. Ademais, ao participar activamente en actividades de compostaxe, desenvolven habilidades prácticas e aprenden sobre responsabilidade e traballo en equipo.

No día de hoxe os alumnos/as de 5º e 6º de Primaria aprenderemon moito sobre compostaxe, grazas a unha charla que nos brindou o Concello de Aranga. 

Damos a benvida á Primavera!

Esta semana demos a benvida á Primavera, unha estación chea de ledicia e cor. 

Celebrar a chegada da primavera na educación infantil é crucial, xa que favorece o coñecemento e a conexión co medio ambiente, estimula a curiosidade natural dos nenos sobre o mundo que os rodea e fomenta o desenvolvemento sensorial a través da observación das mudanzas na natureza.

Compartimos con todos vós alguns dos fermosos debuxos de Educación Infantil.

Campionato de Bádminton; que ben o pasamos!

O bádminton é un deporte que, a pesar de non ser tan popular como o fútbol ou o baloncesto, ofrece múltiples beneficios para o desenvolvemento físico e mental dos nenos e nenas en idade escolar.

Incluir o bádminton é un deporte que ofrece múltiples beneficios para os alumnos de educación primaria, tanto a nivel físico como mental.

A súa práctica axuda no desenvolvemento de habilidades físicas básicas, fomenta o traballo en equipo e a socialización, estimula a concentración e a toma de decisións, e promove un estilo de vida activo e saudable.

8 de marzo: Día da muller

Celebrar o Día da Muller retratando mulleres importantes das nosas vidas é unha fermosa maneira de recoñecer e honrar a súa influencia, forza e contribucións.

Cada muller na nosa vida, sexa nai, irmá, amiga, mestra ou compañeira, ten unha historia única e un impacto significativo na nós.

 

Punto Laranxa, non cales, escoitámoste!

Xa temos instalado no cole o Punto Laranxa!

Trátase dun espazo físico, accesible a todas e todos, que consta dunha caixa onde calquera persoa pode depositar de forma anónima información relativa a unha posible situación de acoso ou ciberacoso escolar.

Ademáis, xa está habilitada unha función de formulario anónimo na marxe dereita da páxina web oficial do centro; por se alguen o prefire facer de xeito dixital.

Aquí o acoso non ten cabida! Non cales, escoitámoste!

Onda Vacaloura! A voz dos nenos e nenas do CEIP A Castellana

Hoxe temos o pracer de anunciar a creación da nova radio escolar Onda Vacaloura, que se desenvolverá dende o colexio.

Estamos moi entusiasmados coa posibilidade de compartir podcast de forma periódica co fin de fomentar as novas tecnoloxías no alumnado.

A nosa radio escolar será unha plataforma para a difusión de información e apredizaxe.

Queremos que sexa un espazo onde poidamos compartir noticias, opinións e moito máis. Tamén pretendemos involucrar ao alumnado, dándolles a oportunidade de desenvolver as súas habilidades de comunicación e fomentando a súa creatividade.

Coa nova radio Onda Vacaloura, esperamos facer a diferenza na nosa comunidade educativa e na sociedade en xeral. Queremos que sexa unha ferramenta para que todos os estudantes poidan expresarse e ser escoitados.

 

 

 

*Nota: Agradecemos o apoio de todos e todas nesta nova aventura radiofónica, en especial a ANPA e ao Concello de Aranga por axudarnos na adquisición do material. Agardamos contar coa vosa participación na escoita para facer desta iniciativa un éxito.

 

PODCAST 1. UNHA CONVERSA SOBRE A PAZ

 PODCAST 2. A IMPORTANCIA DE MOVER O ESQUELETO


PODCAST 3. A IMPORTANCIA COMER SAUDABLE

PODCAST 4. LEMBRAMOS A ROSALÍA DE CASTRO

Hoxe coñecemos a Draculiño cun contacontos!

Hoxe visitounos David Rodríguez, un contacontos que nos relatou un femoso conto sobre Draculiño, un neno convertido en vampiro. 

Os contacontos xogan un papel fundamental no desenvolvemento dos nenos, pois estimulan a imaxinación e a creatividade. A través das historias, os nenos aprenden valores, culturas e resolven conflitos, o que favorece o desenvolvemento emocional e social.

Ademais, escoitar contos axuda aos máis pequenos a mellorar a súa comprensión auditiva e a ampliar o seu vocabulario. Este tipo de actividade tamén fomenta o amor pola lectura desde idades temperás, establecendo unha base sólida para o seu futuro académico e persoal. 

Agradecer á Editorial Anaya por brindarnos esta fermosa actividade.

 

Celebramos o entroido!

Onte estivemos a desfrutar dunha fermosa xornada de Entroido. Este ano fomos caracterizados de animais.

Os alumnos/as de Educación Infantil disfrazaronse de animais mariños, 1º e 2º de EP de animais do bosque. 3º e 4º de animais de paxaros ou aves salvaxes e os mais maiores do colexio foron disfrazados de animais da granxa.

Sen dúbida, foi un fermoso día no que todos e todas puidemos desfrutar do Entroido grazas a boa participación de toda a Comunidade Educativa.

Compartimos con todos vos, algunhas imaxes. Recordade que poderedes atopar a totalidade de imaxes na galería facendo clic aquí.

Agradecer a todos os pais/nais pola grandísima participación e a ANPA por eses doces tan ricos!

Distribuir contido


by Dr. Radut