Skip to Content

Canto rimos cos títeres de Borxa Insua!

Hoxe tivemos a visita de Borxa Insua de Títeres Alakran. Que ben o pasamos e canto rimos!

O traballo cos títeres nos máis pequenos de primaria é fundamental xa que contribúe ao desenvolvemento da imaxinación e creatividade, fomenta a expresión oral e corporal, e facilita a comprensión e interiorización de normas sociais e valores.

A manipulación e a representación con títeres permite que os nenos e nenas experimenten con diferentes roles, emocións e situacións, favorecendo así o seu desenvolvemento emocional e social.

Ademais, os títeres poden ser unha ferramenta inclusiva que axude a integrar a todos os alumnos, xa que permite adaptar as actividades ás diferentes capacidades e ritmos de aprendizaxe.

Ver imaxes de hoxe.

Agradecemos a ANPA e ao Concello pola participación na actividade.



blog | by Dr. Radut