Skip to Content

Entroido

Días de entroido

O entroido este ano estivo cheo de sorpresas! O proxecto da biblioteca deste ano coma xa sabedes está adicado as mulleres, e cada curso tivo que investigar sobre a vida dunha muller con traxectoria reseñable, para darlla a coñecer aos seus compañeiros e compañeiras.

Aproveitando todo o traballo elaborado dende as diferentes áreas curriculares, cada clase escolleu un disfraz relacionado con dito traballo, así:

Educación Infantil disfrazouse de ratiños na honra a un dos poemas da autora traballada Gloria Fuertes

1º e 2º de Educación Primaria disfrazouse en base a cultura de Malala

3º de Educación Primaria disfrazouse da Selección Española Feminina de fútbol na honra da pioneira Verónica Boquete

4º de Educación Primaria disfrazouse das personaxes da famosa obra de Harry Potter na honra da súa autora Joanne Kathleen Rowling

5º de Educación Primaria disfrazouse en base a cultura de Frida Khalo

6º de Educación Primaria disfrazouse da  pioneira en aviación Amelia Earhart

Tras traballar arreo na elaboración dos nosos disfraces chegou a semana do entroido ao cole. O meco comezou coas súas ordes, recibimos a visita sorpresa das pantallas e o máis esperado sacamos a desfilar o noso traballo: disfraces e murais.

Nos aprendimos moito, e vós?  quedouvos claro a importancia das mulleres sobre as que investigamos?

Aqui tendes a galería coas imaxes dos mellores momentos de tanto esforzo! BO ENTROIDO!

 

 

Álbum: Celebracións -> Entroido 2022

POR FIN O ENTROIDO 2010

O Entroido por fin chegou a Rairiz.

Hoxe venres de Carnaval tiramos a casa pola venta, e pasámolo en grande todos, sobre todo os rapaces, que son o máis importante.

Despois de semanas de traballo cos difraces, por fin chegou o día de lucilos, nun desfile polas rúas de Rairiz, acompañados coma sempre polos nosos veciños, da Solaina e da Galiña Azul, que guapos íamos todos, os de infantil de Soldadiños de Chumbo, os do 1º ciclo de Abellas, por que sería, os de 3º de Trogloditas, igual que os da Solaina, os de 4º de Romanos, 5º de Arlequíns e os de 6º de Majoretes. Estabamos todos moi guapos, ah e non queremos olvidarnos dos mais pequenos que ían de Pingüínos.

Durante o desfile acompañounos unha charanga, que logo tamén estuvo no patio do colexio, amenizando a festa. Tocou moi ben e bailamos moito, moitisimo, todos.Xa pola tarde como fin de festa tuvemos a actuacion do mago Gusi, que co seu espectáculo fixo as delicias de nenos e mestres.

Foi un gran día, grazas o esforzo de todos.

Grazas  pais e nais por acompañarnos e pola vosa colaboración.

Desfrutade coas FOTOS que vos deixamos. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut