Skip to Content

Educación Infantil

Período de adaptación 4º Infnfantil

Segundo a normativa o período de adaptación levarase a cabo ata o 16 de setembro.

No arquivo adxunto tedes toda a información.


Este proceso non é obrigatorio.

A incorporación das nenas e nenos a escola levarase a cabo de maneira progresiva e
flexible.

HORARIO:

"Aula de reptiles"

Hoxe tivemos unha visita moi especial, tivemos a ocasión de ver en directo, e incluso... tocalos! Camaleóns, tartarugas, ras e serpes convertéronse, tras uns primeiros momentos de nerviosismo e temor, nos nosos amigos.

Aprendemos as características fundamentais destes animais: como vivían, como se alimentaban e algunhas curiosidades que fan tan especiais a estes réptiles e anfibios. Pero sobre todo, axudounos a comprender a responsabilidade que supón ter unha mascota nas nosas casas.

Entre os animais que puidemos ver e/ou tocar estaba “tartaruga aligátor o caimán”, cunha das mandíbulas máis potentes do reino animal; ou a “Phyton Molurus”, a verdadeira protagonista da mañá.

Este tipo de actividades supoñen para a ensinanza un punto de partida perfecto que permite afondar en diversos temas. Solo dende este interese que nace da admiración, da curiosidade e da experiencia vivida se pode crear e asentar o coñecemento.

Álbum: Talleres e actividades complementarias -> Aula de reptiles

Día das letras galegas 2022

O autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2022 é un reflexo da cultura galega no século XX. Militante do Partido Galeguista, exiliado en América, colaborador de Castelao, promotor de iniciativas editoriais e radiofónicas. Florencio Delgado Gurriaráné un poeta que escribiu entre dous mundos: a súa terra de Valdeorras e o país de acollida, México. 

Co gaio de reprensentar ambolos dous mundos, o venres 13 de maio, elaboramos este mural simbólico con palabras galegas, esas que o autor  levou con él a cada rincón do mundo no que estivo.

Ademáis entre todos fixemos o noso propio libro de "Parvadas", e para rematar puidemos gozar todos xuntos dunha xornada de "Xogos populares e tradicionais galegos" no patio.

A continuación podedes ver un resumo coas fotos deste día:

Álbum: Celebracións -> Letras Galegas 2022

Actividade interdisciplinar a través do proxecto "Alimentos da biosfera"

 

Este proxecto ten como obxectivo o impulso das marcas propias e a marca Nacional nas Reservas da Biosfera españolas para producións alimentarias e servizos turísticos, como estratexia para a mellora da calidade destas producións, para que contribúan á mitigación do cambio climático mediante o fomento do consumo en circuítos curtos locais.

Dentro do proxecto promoveranse actuacións dirixidas a mellorar a calidade das producións, e actuacións dirixidas a mellorar a visibilidade destes produtos, así como unha última fase de organización do consumo de produtos locais ecolóxicos en comedores escolares.

GDR Limia-Arnoia vai desenvolver este proxecto en colaboración co CEIP Plurlingüe Carlos Cid Arregui, de Rairiz de Veiga, ao longo do ano 2022.

Dentro deste proxecto os nenos e nenas de Educación Infantil ata 4º de Educación Primaria, foron participes dunha actividade interdisciplinar para celebrar o Día da Terra e o Día do Libro a visita dun contacontos que lles deu a coñecer a fauna e flora da zona, neste album podedes ver algunhas das imaxes recollidas durante a actividade.

 

 

Álbum: Talleres e actividades complementarias -> Proxecto "Alimentos da biosfera"

Talleres na semana do día da muller.

Durante estas semanas tivemos a sorte de contar con varios talleres sobre o 8M:

  • Taller sobre micromachismos levado a cabo pola Cruz Vermella de Xinzo para as nenas e nenos de 3º e 4º de Educación Primaria.
  • Taller sobre a muller liderado polo centro de Desenvolvemento Rural O VISO para as nenas e nenos de 3º a 6º de Educación Primaria.

Como non tivemos a sorte de atopar nada para os máis pequenos, dende o centro propuxose a elaboración dun  taller de contacontos levada a cabo polos cursos superiores aos máis pequenos, deste xeito:

  • O alumnado de 6º preparou durante a semana o conto "Rosa Caramelo" para o alumnado de Educación Infantil.
  • O alumnado de 5º preparou durante a semana o conto "A princesa espadachina" para o alumnado de 3º de Educación Primaria.
  • O alumnado de 4º preparou durante a semana o conto "Maruxa" para o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria. 
Álbum: Talleres e actividades complementarias -> Talleres 8 de Marzo de 2022
Distribuir contido


by Dr. Radut