Skip to Content

Outras conmemoracións

Día do libro

O 23 de abril celébrase do día do libro. Que día tan importante! Os libros ensínannos moitas cousas, tamén nos poden converter en magos, heroes, dragóns... pódennos levar a illas desertas, castelos enfeitizados...

Iso sabémolo moi ben no cole e por iso celebramos este día con moita ilusión!

 

Como este ano o 23 de abril foi sábado xa comezamos a celebralo o venres 22. O GDR Limia-Arnoia asistiu ao centro e deleitounos ao alumando de Ed. Infantil, 1º, 2º, 3º e 4º cunha fantástica sesión de contacontos . Velaquí vos deixamos algunhas fotiños do día. 

              

 

 

 

A celebración seguiu durante a seguinte semana. O xoves 28 pola tarde todo o colexio viu unha película chamada “O gardián das palabras”. Unha película que nos ensina o marabillosos que son os libros e cantas aventuras podemos vivir a través das súas páxinas. Mirade que atentos estabamos e non podían faltar as palomitas! 

    

 

 

Ao rematar a película, recibimos un marcapáxinas moi especial que nos deron dende o equipo da biblio. Foi un día xenial!



 

 

 

 

Easter

Este ano dende o Proxecto Plurilingüe de centro en colaboración co PVAD "A Saínza en movemento", diseñouse o denominado EASTER DAY. Co gaio de crear un ambiente co inglés como lingua vehicular e centrando as actividades deste día na área principal do Proxecto (arts and crafts), o alumnado de sexto traballou arreo para axudar ao diseño dun día que se organizou do seguinte xeito:

✓ PAINTING EGGS :  taller dirixido por alumnado de sexto e adicado a diseñar e pintar ovos de Pascua.

✓ EASTER BUNNY:  taller diseñado por alumnado de sexto e adicado a crear unha manualidade sobre o coello de Pascua.

✓ EASTER GAMES: actividade supervisada por alumnado de sexto na que se realizaron diferentes xogos para repasar vocabulario como: puzzles, domino, memory cards, 3 in a row...

✓EASTER HUNT: actividade que contou coa colaboración do PVAD na que o alumnado debe seguir as pistas que lle dan os seus teachers para atopar todos os ovos de Pascua escondidos polo centro.

Aquí vos deixamos a galería de imaxes onde podedes ver o ben que o pasamos durante este día.

Álbum: Celebracións -> Easter 2022

Talleres na semana do día da muller.

Durante estas semanas tivemos a sorte de contar con varios talleres sobre o 8M:

  • Taller sobre micromachismos levado a cabo pola Cruz Vermella de Xinzo para as nenas e nenos de 3º e 4º de Educación Primaria.
  • Taller sobre a muller liderado polo centro de Desenvolvemento Rural O VISO para as nenas e nenos de 3º a 6º de Educación Primaria.

Como non tivemos a sorte de atopar nada para os máis pequenos, dende o centro propuxose a elaboración dun  taller de contacontos levada a cabo polos cursos superiores aos máis pequenos, deste xeito:

  • O alumnado de 6º preparou durante a semana o conto "Rosa Caramelo" para o alumnado de Educación Infantil.
  • O alumnado de 5º preparou durante a semana o conto "A princesa espadachina" para o alumnado de 3º de Educación Primaria.
  • O alumnado de 4º preparou durante a semana o conto "Maruxa" para o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria. 
Álbum: Talleres e actividades complementarias -> Talleres 8 de Marzo de 2022

Celebramos o día de Rosalía de Castro

No día de hoxe 23 de febreiro do 2022 conmemoramos o día de Rosalía, unha celebración que estivemos a preparar con ganas e que foi todo un éxito, para os que non o saibades o programa dito evento foi o seguinte:

1º Kamishibai sobre a vida de Rosalía de Castro (ilustrado polos nenos e nenas de sexto e narrado polos nenos e nenas de quinto) 

2º Intercambio de agasallos sobre Rosalía de Castro (cada aula traballou na creación dun agasallo para este día) 

3º Os pensamentos de Rosalía de Castro (colocamos na nosa horta viaxeira as macetas cos pensamentos que deberemos coidar entre todos a partires de agora) 

Álbum: Celebracións -> Día de Rosalía de Castro

Traballamos a importancia do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller (25N)

Son moitas as actividades levadas a cabo nestas semanas dentro da aula para visibilizar a importancia deste día, entre elas está a elaboración conxunta deste mural que quedará na entrada do centro. Podedes clicar na fotografía para ver o album completo:

Álbum: Celebracións -> 25 de Novembro
Distribuir contido


by Dr. Radut