Skip to Content

Histórico

CEIP Carlos Cid Arregui

 

 

 


 

8/10/2018

Este luns comezamos a traballar na nosa horta plantando uns pouquiños porros coa axuda duns expertos granxeiros de 1º. Moi cedo verémolos medrar sans e fortes a todos!

 


 

11/10/18

O xoves 11 de outubro visitamos o Museo Etnográfico da Limia no veciño concello de Vilar de Santos, con motivo da presentación da exposición "Viaxe polo Mundo das Máscaras", da autora sarriá Mercedes Vázquez Saavedra. Da man do noso inspector e Presidente do Padroado, Delfín Caseiro, do alcalde de Vilar de Santos, Xan Jardón, e da propia autora, os nosos alumnos e alumnas coñeceron a maxia que arrodea as máscaras dos "entroidos" e "entrudos" tradicionais galegos e lusos. Tras visitar O Saviñao, Montalegre en Portugal, Celanova e A Veiga antes de arribar á nosa comarca, esta bonita e interesante exposición volverá a finais deste ano ao país veciño para despedirse en Mogadouro.

...

...

CURSO ESCOLAR 17-18

BENVIDOS AO CURSO ESCOLAR 2017-18!

O comezo do curso para os alumnos e alumnas deste centro está previsto para o luns, 11 de setembro en horario de 9:30 a 15:30, incluído o comedor.

Os nenos/as de 4º curso de Ed. Infantil (3 anos) comezarán o período de adaptación, seguindo as instruccións facilitadas polas súas titoras.

PLANETARIO 2016

Os nenos e nenas de Rairiz tivemos a sorte de contar cun planetario no noso cole. Velaí algunhas da fotos da xornarda. 

Deporte escolar

O 26 de Novembro os nosos alumnos acudiron a súa cita co deporte escolar que cada ano se leva a cabo, baixo a direcion do noso meste de Educación Fisica.

Podedes ver as imaxes deste día na galería de imaxes

XOGOS POPULARES

Hoxe tuvemos un dia diferente no cole, chegaron uns vellos amigos a levar a cabo diferentes xogos populares, participamos todos e pasámolo en grande.

Podedes pinchar AQUÍ para ver as fotos

Distribuir contido


by Dr. Radut