Skip to Content

blogue deadmin

We love sports

En colaboración co proxecto plurilingüe de centro, levamos a cabo o proxecto "Cale é o teu deporte?" ou como o denominamos dende a área de inglés : "We love sports"

Trátase de amosar os deportes que o alumnado practicou ou practica, dando a coñecer así aos compañeiros e compañeiras a variedade de actividades que ten a contorna do centro. Para isto crearemos un mural con todas as fotografías* que o alumnado aporte de forma voluntaria ata o 29 de abril. 

Como recompensa á participación o alumnado de Educación Infantil conseguirá dúas pegatinas de edufiños exclusivas asi como un vale sorpresa para o patio. Namentres que o alumnado de Educación Primaria, conseguirá as dúas pegatinas e un vale de desconto para os intercambios de edufiños que se levan a cabo no patio saudable. 

 

*se algún alumno ou alumna non sabe como enviar a foto pode consultalo coa titora ou titor

Halloween 2021

O vindeiro venres 29 de outubro celebraremos no noso centro o Samaín e Halloween. Os nenos/nenas poderán acudir disfrazados co seu atuendo máis terrorífico. 

Realizaremos Xogos para todos os niveis e participarán no concurso de cabazas que quedarán expostas na etrada do cole.  

Happy Halloween!!!

Chegan os edufiños o cole!

 

Xa está todo preparado! Cambiamos os patios! A partir de agora os alumnado de primaria poderá  participar voluntariamente nesta nova actividade. A cal, sendo unha continuidade do programa “Merendas saudables”desenvolvido na etapa de Educación Infantil, incentivará ao consumo de merendas saudables a cambio de “Edufiños”, un sistema de puntos que poderán ser trocados: 

1.Por un pase que da acceso a unha zona con diversos materiais de xogo habilitada chamada “Patio Saudable” 

2. Se así o prefiren terán a oportunidade de "alugar" material para usar na súa zona de patio.

Ademáis todas as semanas terán a oportunidade de conseguir un pegatina dos edufiños para poder completar o seu album de Edufiños

O alumnado de infantil, tamén terá a oportunidade de conseguir edufiños (en forma de pegatina) sempre e cando finalicen a súa merenda saudable e manteñan unha actitude positiva de cara a dinámica organizada dentro da aula.

 

 

Proxecto Vida Activa e Deportiva (PVAD)

Enmarcado dentro do Plan Proxecta + (iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade), con este proxecto pretendese mellorar os hábitos de vida activa e saudable do centro, buscando o incremento diario de actividade física que realizan os nosos alumnos e alumnas, tanto dentro como fóra do centro. No CEIP Plurilingüe Carlos Cid Arregui poñémonos en marcha para crear dinámicas e actividades dende os distintos equipos para fomentar a creación e adquisición destes hábitos orientados a consecución de obxectivos como:

  • Incrementar a participación en actividades físico-deportivas en horario non lectivo das poboacións escolares.
  • Manter ou mellorar o estado de saúde a través da adquisición de hábitos de vida activos e saudables.
  • Potenciar o xogo limpo e a deportividade.
  • Potenciar os xogos motores como instrumento base da educación.
  • Dar a coñecer aos nenos e ás nenas diferentes disciplinas deportivas mediante actividades lúdicas de carácter global.
  • Facilitar a comunicación e a convivencia dos nenos/as independentemente do nivel de práctica de cada un deles.
  • Fomentar a práctica de actividade física como hábito saudable necesario na sociedade actual..
  • Promover a educación en valores a través do gran potencial educativo do que dispón o deporte.
  • Loitar contra a inactividade física e o sedentarismo, creando hábitos que perduren fora do centro escolar e ao longo de toda a vida, dende a infancia ata a vellez.
  • Dinamizar e promover os hábitos de vida activa e saudable, rentabilizando os recursos existentes na contorna do centro (públicos e privados).
  • Fomentar que o 100% das alumnas e alumnos reciban información e asesoramento de como incorporar no seu día a día, tanto no horario lectivo coma non lectivo, actividade física, exercicio físico ou deporte como hábito de vida saudable
  • Integrar dentro do centro educativo una filosofía por e a favor do incremento de hábitos e conductas para una vida saudable.
  • Dar a coñecer á comunidade educativa, a través dun blog, web do centro etc. de todas as accións que se realizan no marco da participación neste programa e como medio dinamizador dos obxectivos do mesmo.
  • Utilizar as novas tecnoloxías para o fomento e seguimento de hábitos saudables.
  • Coñecer as prácticas e hábitos que nos levan a vivir de xeito activo e saudable.
Distribuir contido


by Dr. Radut