Skip to Content

POR FIN O ENTROIDO 2010

O Entroido por fin chegou a Rairiz.

Hoxe venres de Carnaval tiramos a casa pola venta, e pasámolo en grande todos, sobre todo os rapaces, que son o máis importante.

Despois de semanas de traballo cos difraces, por fin chegou o día de lucilos, nun desfile polas rúas de Rairiz, acompañados coma sempre polos nosos veciños, da Solaina e da Galiña Azul, que guapos íamos todos, os de infantil de Soldadiños de Chumbo, os do 1º ciclo de Abellas, por que sería, os de 3º de Trogloditas, igual que os da Solaina, os de 4º de Romanos, 5º de Arlequíns e os de 6º de Majoretes. Estabamos todos moi guapos, ah e non queremos olvidarnos dos mais pequenos que ían de Pingüínos.

Durante o desfile acompañounos unha charanga, que logo tamén estuvo no patio do colexio, amenizando a festa. Tocou moi ben e bailamos moito, moitisimo, todos.Xa pola tarde como fin de festa tuvemos a actuacion do mago Gusi, que co seu espectáculo fixo as delicias de nenos e mestres.

Foi un gran día, grazas o esforzo de todos.

Grazas  pais e nais por acompañarnos e pola vosa colaboración.

Desfrutade coas FOTOS que vos deixamos. 

 



blog | by Dr. Radut