Un ano máis temos o pracer de comunicarvos que o noso alumnado está entre os premiados/as e mencións no III CERTAME DE POESÍA CURTA BEATRIZ DA SERRA.
A iniciativa deste certame naceu en pleno confinamento, no ano 2020, e mantense co espírito de incentivar a rapazada do Val Miñor na expresión poética na nosa lingua.
Parabéns a tod@s @s participantes e ao profesorado que alenta a escrita e a participación nas aulas.
CATEGORÍA A:
Primeiro Premio:
-Xiana Costa González (5ºEP) co poema Diversión.
Segundo Premio:
-Mateo Porto Covelo (6ºEP) co poema Follas de mil cores.
Mencións do xurado:
-Xiana Costa González (5ºEP) co poema Primavera.
-Laura Burgo Rosendo (6ºEP) co poema Pesadelos.
O prazo para a formalización de matrícula do alumnado de nova incorporación ao centro, comezará o vindeiro 20 de xuño ata o 30 do mesmo mes. Entregarémosvos un sobre coa documentación a cumplimentar. Ademáis solicitarase unha fotocopia da tarxeta sanitaria d@ alumn@ e 4 fotografías tamaño carnet (para o alumnado de E.Infantil) e 1 fotografía tamaño carnet (para o alumnado de E.Primaria).
Chegou o tempo de celebrar o apadriñamento da aula de músicaao que dedicamos boa parte das nosas tarefas neste curso:https://cantoresdocasares.blogspot.com/
O venres, día 3 de , o alumnado e o coro do colexio farán unha homenaxe chea de MÚSICA e VOZ ao novo padriño.
E o sábado, día 4, contaremos cun concerto, aberto ao público, do Coro "Cantares do Brión" no que participará o Coro do alumnado do colexio e @s Distinghid@s da Foz.
Agárdanse grandes momentos! Non volo perdades!