Alumnado

Iniciar sesión

Secretaría

SOLICITUDE FONDO LIBROS, ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAIS PARA O CURSO 20/21

 

Prezadas familias:

Ábrese o prazo de solicitude de libros para o curso 2020/2021

  • FONDO SOLIDARIO DE LIBROS: de 3º a 6º EP.
  • AXUDA DE ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO:1º e 2ºEP
  • AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR: de 1º a 6ºEP

Prazo de presentación das solicitudes: do 19 de maio ao 19 de xuño.

Horario de presentación das solicitudes: 9:15 a 14:00h.

A documentación e solicitude debe presentarse fotocopiada e debidamente cumprimentada, así mesmo, prégase cumprir coas medidas preventivas de distanciamento social e o uso de mascarilla á hora de presentar as súas solicitudes no centro. 

 INSTRUCIÓNS DA CONVOCATORIA 

      

 

Na Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo

solidario de libros de texto  publicada no Diario Oficial de Galicia o día 19 de maio de 2020,

produciuse un erro:

O recadro da base impoñible xeral da declaración do imposto sobre a renda

das persoas físicas do exercicio fiscal 2018 que figura publicado é o 432,

cando o recadro correcto é o 435.

Vaise facer a oportuna corrección da orde no Diario Oficial de Galicia.

 

DESCARGA DO ANEXO I e II:

 https://drive.google.com/file/d/1aOeiV2aLR3HEHLWrpTGMAxe3DFScNl7l/view?usp=sharing

https://drive.google.com/file/d/1MmpwJKrTGXcccu2s-tLI-oDanCBURCNg/view?usp=sharing

DEVOLUCIÓN LIBROS:

  

 Devolución dos libros do fondo 19/20 ata o 7 de xullo

 

2020.

 

Desde o centro notificaremos os días e o modo de dita

 

devolución a partir do mes de xuño e con cita.

 

(Eviten presentarse no centro, non recolleremos  nin entregaremos  libros  fóra desta planificación)

 

INFORMACIÓN SOBRE ADMISIÓN DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2020-2021

Prezadas familias, reábrese o prazo de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2020-2021.

(O alumnado que xa está matriculado no centro non deberá realizar ningún trámite)

Pregámosvos que o comuniquedes a achegados e familiares que teñan interese en matricular aos seus fillos/as.  

O horario de presentación das solicitudes é de 9:15 a 14:15h.

Rógase as familias solicitantes cumprir coas medidas preventivas de distanciamento social e uso de mascarilla á hora de presentar as súas solicitudes no centro.

Así como a obriga de presentar a documentación debidamente cumprimentada e fotocopiada das súas casas.

Novos prazos:

SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN AO CENTRO:

  • Prazo do 11 ao 18 de maio.
  • ANEXO II - (Descarga do Anexo II)
  • Fotocopia do libro de familia completo
  • Volante de empadroamento
  • Fotocopia de sentenza de separación, se é o caso.

PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS:

Ata o 26 de xuño. Pódese presentar recurso no prazo dun mes 

 FORMALIZACIÓN da MATRÍCULA do alumnado admitido:

 Prazo: do 01 ao 10 de xullo.

Nigrán,6 de maio de 2020

Ligazóns á normativa reguladora:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2013/20130315/AnuncioG0164-120313-0006_gl.html 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170201/AnuncioG0164-260117-0001_gl.html

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30990

MATRÍCULA 2020-2021

VACANTES INICIAIS NO PROCESO DE ADMISIÓN

CURSO 2020-2021

NIVEIS

VACANTES

4º E.I.

22 +3 ANEAE*

5º E.I.

11

6º E.I.

8

1º E.P.

1 +3 ANEAE*

2º E.P.

8

3º E.P.

0

4º E.P.

5

 5º E.P.

23

6º E.P.

22

 

*ANEAE: alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

 

 

Para consultar o ANEXO II (solicitude de admisión) e a INFORMACIÓN SOBRE A ADMISIÓN, preman adxuntos. 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO : 3º a 6º EP

 

 

Procedeuse á adxudicación do fondo de libros de texto e TODO o alumnado solicitante obtén os libros para o vindeiro curso 2019-2020

Nigrán, 8 de xullo de 2019

RESERVA ADMISIÓN E MATRICULA PARA O CURSO 2019-2020

VACANTES INICIAIS NO PROCESO DE ADMISIÓN

CURSO 2019-2020

NIVEIS

VACANTES

4º E.I.

22 +3 ANEAE*

5º E.I.

8

6º E.I.

4

1º E.P.

7 +3 ANEAE*

2º E.P.

0

3º E.P.

5

4º E.P.

23

    5º E.P.

23

6º E.P.

4

*ANEAE: alumnado con necesidades específicas de apoio educativo 

INFORMACIÓN SOBRE ADMISIÓN DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2019-2020 

NORMATIVA REGULADORA:

 

Orde do 12 de marzo de 2013 do procedemento  para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos (DOG 15/03/2013)

Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a orde anterior citada (DOG 1/02/2017)

 

CENTROS ADSCRITOS: IES Proval, para o alumnado que remata 6º de Educación Primaria.

 

 

RESERVA DE PRAZA NO CENTRO AO QUE SE ESTÁ ADSCRITO:

        Data do 1 ao 15 de febreiro

        Documentación : ANEXO I 

 

PUBLICACIÓN DE POSTOS ESCOLARES VACANTES: antes do 1 de marzo.

 

SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN AO CENTRO: 

Prazo do 1 ao 20 de marzo.

ANEXO II

Fotocopia do libro de familia completo

Volante de empadroamento

Fotocopia de sentenza de separación, se é o caso.

 

NO CASO DE QUE A DEMANDA DE PRAZAS FOSE SUPERIOR Á OFERTA:

Prazo de 10 días hábiles contados partires dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.

Documentación: as familias terán que presentar a documentación xustificativa dos criterios de admisión alegados pola persoa solicitante.

 

PUBLICACIÓN PROVISIONAL DE LISTAS DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO:

ata o 25 de abril. Haberá 5 días para reclamacións ou presentación de documentación complementaria.

 

PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS:

antes do 15 de maio. Pódese presentar recurso no prazo dun mes.

 

FORMALIZACIÓN da MATRÍCULA do alumnado admitido:

Prazo: do 20 ao 30 de xuño.

Documentación: Anexo III e documentación solicitada polo centro.

 

IMPORTANTE:

Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude, no centro que solicita en primeiro. A presentación en varios centros suporá a perda de dereitos. Deben indicarse outros centros, por orde de preferencia, onde desexa ser admitido en caso de non haber prazas.

O alumnado ten garantida a permanencia no centro no que está matriculado, no caso de presentar solicitude de admisión noutro centro deberá comunicalo ao centro de orixe.

 

 

ÁREAS DE INFLUENCIA DO CENTRO: Parroquias de Vilariño, Parada e San Pedro da Ramallosa.

 

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS: Coidadora de primeira hora, comedor escolar e transporte.

 

Equipo Directivo do CEIP CARLOS CASARES.

Febreiro  2019