« Abril 2024 »
DomLunMarMérXovVenSáb
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930

Alumnado

Las bibliotecas escolares de Galicia

Iniciar sesión

momentos Casares

Homenaxe ao alumnado de 6ºEP

Entre os sabores agridoces dos finais de curso está a despedida do alumnado de 6ºEP, toca  pechar unha etapa, despedir e desexar o mellor a estes nenos e nenas que compartiron vida con nós, dicirlles que o Carlos Casares sempre será seu, comezar a botal@s de menos ao pasar por el@s nos corredores, facel@s protagonistas en cada instante, esgotal@s, apurando apertas e olladas.

Neste 2020 toca facelo doutro xeito, e xa é hora de comezar, alá vai a nosa primeira homenaxe ao alumnado de 6º, haberá máis!!! QUERÉMOSVOS!!

QUÉROTE MÁIS

Desexando vervos de novo e, mentres tanto, deixámosvos este agasallo cheiño de agarimo.

 

SAMAÍN 2015

En pleno outono, o CEIP Carlos Casares encheuse de vida.

Celebramos o Samaín e o punto de partida do noso proxecto de cine, visualizamos  unha curtametraxe de animación dos inicios de Walt Disney

"Skeleton Dance” e o alumnado de 6º de EP, nos deixou pegados a cadeira coa súa actuación.

 

 

XOGOS DE PATIO

Desde o inicio do curso, nun recuncho de ximnasio, foron aparecendo os XOGOS DE PATIO.

De agora en diante na hora do recreo, o alumnado de 1º a 6º de EP poderá recoller co seu carné o xogo que máis lle guste e

compartilo cos seus compañeiros e compañeiras.

Ó fío dos xogos de patio, veu visitarnos Simbas o avó de Ana  Piñeiro de 5ºEP e deixounos un tesouro...

Se queredes saber qué é, teredes que ver o vídeo.

 FELICES XOGOS!