Alumnado

Iniciar sesión

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Actividades propostas polo ENDL.

MARILAR ALEIXANDRE

O pasado 29 de maio recibimos á nosa nova madriña de aula Marilar Aleixandre.

O alumnado de 5º traballou ó longo do curso de xeito interdisciplinar  a figura da súa madriña:

Na lingua, lendo, creando guións e interpretando unha escolma de textos da escritora. 

Na educación artística e audiovisual, no deseño dos personaxes e escenarios, tratando e transformando a imaxe co editor libre  Pixlr Editor  e na animación coa técnica do STOP MOTION.

Na música, aprendendo e interpretando cancións con textos orixinais da autora  grazas aos arranxos e a composición musical de Eloy Porto, mestre de música.

Deixámosvos unha lista de reprodución que recolle as cinco curtas de STOP MOTION de  5º de EP  e o vídeo presentado polo alumnado de 5ºB  no certame "Ollo de vidro" de #Book-trailer#, regueifando recomendacións lectoras e polo que recibiron unha mención no Festival de Cans o pasado 23 de maio. Nesta lista, ademais, están engadidos os vídeos de 4º e 5º de E. Infantil  do conto "Dez abellas na laranxeira".

 

 

 

FIN DE CURSO 2016 - 2017

Chegou o remate do curso 2016-2017 e como despedida queremos compartir convosco un resumo das actividades que realizamos o redor do proxecto anual de centro "Alimentación Positiva".

Por outra banda, deixámosvos unha ligazón ao texto que Marina Vidal, titora de 3º, escribiu para "Cartas ó director" do Faro de Vigo e que ten moito que ver con todas as persoas que convivimos no Carlos Casares. O noso máis sincero agradecemento.

Trouleade e descansade moito no verán, o tedes ben merecido!!!

 

Saudiña e que cante o merlo!

 

 

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2017

Nesta lista de reprodución, tedes todas as actuacións do Festival das Letras e ademais, a actuación do alumnado voluntario de 4º a 6ºde EP co coro do Conservatorio Elemental de Gondomar que estivo fantástico!! 

 

LETRAS GALEGAS 2017

CREANDO VENCELLOS

Neste curso presentámonos ao concurso de carteis das Letras Galegas que cada ano convoca a Secretaria Xeral de Política Lingüística.

Non tivemos a fortuna de gañar, pero estamos moi orgullosas/os do  resultado.

É un traballo realizado desde o compromiso co autor ó que máis lle debemos, Carlos Casares Mouriño. 

Foron creados con moito agarimo e coa ilusión de ocupen un espazo singular no noso centro e na memoria da comunidade educativa do CEIP Carlos Casares.

 Temos o pracer de presentarvos os nosos carteis xunto aos carteis gañadores do certame, agardamos tiredes moito partido deles!