« Septembro 2024 »
DomLunMarMérXovVenSáb
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

Alumnado

Las bibliotecas escolares de Galicia

Iniciar sesión

Rosalía 2024

Un ano máis participamos na proposta daAsociación de escritoras e escritores en lingua galega- no día de Rosalía de Castro.

Nesta ocasión o alumnado de 3º a 6º de EP lembra a Rosalía co seu poema máis emblemático:

 "Adiós ríos, adiós fontes" que é a despedida dun home que ten que deixar o lugar onde naceu para procurar traballo lonxe. A persoa que se expresa neses versos é consciente de que probabelmente non poida voltar nunca ao seu país e que vai ter difícil comunicarse de novo cos seus seres queridos: é unha despedida para sempre. Rosalía quixo, a través de poemas coma ese, que se falase de problemas que afectaba a moitas galegas e moitos galegos sen poder e sen diñeiro

II CERTAME VÍDEO-LITERARIO: Ollo con Nigrán

 

Ollo con Nigrán é un certame organizado polo Teatro do ar e a Coopertaiva Somos Terra para potenciar a creación artística en lingua galega, divulgar a gran riqueza natural do noso municipio e facernos reflexionar sobre a importancia de coidala. O prazo remata o 5 de marzo. Premede nos adxuntos para ver a información. Saúdos.

Chocolatada, obradoiro e discoteca!!

Como a choiva non nos deixou  sair ao patio, organizouse na biblioteca un obradoiro de máscaras galegas tradicionais de Entroido e unha discoteca no ximnasio. E como é tradición entroideira na escola...Chocolate con churros para tod@s!! Preme para visualizalo!!

 


Entroido 2024

Aquí vos deixamos os momentos máis divertidos da celebración entroideira deste ano. A temática xirou arredor da nosa madriña Eva Mejuto, recreando as obras que escollemos nas aulas para coñecer unha pequena parte da súas publicacións. Todos os disfraces foron elaborados a partir da reutilización de materiais. Agardamos que vos guste!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A galiña Mejuto ordea...

A nosa galiña azul xa está preparando o Entroido na escola!! A continuación, deixámosvos as ordes da semana entroideira, inspiradas nas obras da nosa madriña.

Que viva o Entroido!!!

 

Xornada de portas abertas

A partir de hoxe, abrimos o centro nas datas e horas indicadas no cartaz, para mostrarvos a nosa escola. É necesario reservar cita. Agardámosvos!!