« Maio 2024 »
DomLunMarMérXovVenSáb
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

Alumnado

Las bibliotecas escolares de Galicia

Iniciar sesión

LISTAXE DEFINITIVA FONDOLIBROS E MATERIAL

Xa podedes consultar as listaxes definitivas de beneficiarios no taboleiro de anuncios do interior do centro ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia na aplicación Fondolibros.

As familias de 3º e 4º de E.P. , podedes chamar ao centro para coñecer os libros que vos corresponden.

Lembrade que podedes recoller os vales de material (E.Primaria) e os vales de libros (1º e 2º E.Primaria) ao longo desta semana ou na primeira semana de setembro.

LISTAXE PROVISIONAL FONDOLIBROS E MATERIAL

Xa podedes consultar as listaxes provisionais de beneficiarios no taboleiro de anuncios do interior do centro ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia na aplicación Fondolibros.

COMEDOR ESCOLAR 23-24

Unha vez recibida as instrucións que regulan o funcionamento dos comedores escolares, comunicámosvos que está aberto o prazo de formalización da solicitude de comedor para o vindeiro curso 2023-2024.

Para formalizar a praza de comedor é necesario entregar o Anexo II debidamente cumprimentado na secretaría do centro ata o 14 de xullo (incluído).

Podedes descargar os impresos nas seguintes ligazóns ou pasar a recollelos polo centro.

ANEXO II- MODELO DE AUTODECLARACIÓN

Atentamente,

O Equipo directivo.

AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL DO CONCELLO DE NIGRÁN PARA EDUCACIÓN INFANTIL

Dende hoxe e ata o día 21 de xullo, ambos incluidos, ábrese o prazo para solicitar as axudas para libros de texto e/ou material escolar para Educación Infantil. As solicitudes presentaranse por rexistro do concello. Achégase enlace para máis información.

BASES DA CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E /OU MATERIAL ESCOLAR (CURSO 2023/24).