« Maio 2024 »
DomLunMarMérXovVenSáb
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

Alumnado

Las bibliotecas escolares de Galicia

Iniciar sesión

Entroido 2024

Aquí vos deixamos os momentos máis divertidos da celebración entroideira deste ano. A temática xirou arredor da nosa madriña Eva Mejuto, recreando as obras que escollemos nas aulas para coñecer unha pequena parte da súas publicacións. Todos os disfraces foron elaborados a partir da reutilización de materiais. Agardamos que vos guste!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A galiña Mejuto ordea...

A nosa galiña azul xa está preparando o Entroido na escola!! A continuación, deixámosvos as ordes da semana entroideira, inspiradas nas obras da nosa madriña.

Que viva o Entroido!!!

 

Xornada de portas abertas

A partir de hoxe, abrimos o centro nas datas e horas indicadas no cartaz, para mostrarvos a nosa escola. É necesario reservar cita. Agardámosvos!!

VISITA DE PAPÁ NOEL

Aquí vos deixamos os momentos máis máxicos do día de hoxe. Que cariñas de ilusión!

OBRADOIRO CORO CASARES

O alumnado de 5º e 6º deleitáronnos cunha panxoliña tradicional e outra moi orixinal de Mamá Cabra titulada "Xa me tardan estes reis" que prepararon no obradoiro de coro.

Obradoiro Bibliocreando de 3º e 4º

Aquí vos deixamos o resultado do obradoiro do segundo ciclo baseándose no proxecto de centro "Reciclando ando" utilizando como inspiración contos da nosa biblioteca, utilizando a pantalla de chroma e disfraces a partir de material de refugallo. 

EXHIBICIÓN OBRADOIRO ECOPERCUSIÓN

Este luns e martes tivemos un obradoiro do máis ruidoso, cheíño de ritmo. Didier e Sara ensináronnos a facer uns ritmos afrolatinos a partir de percusión con elementos de refugallo.

Aquí vos deixamos a mostra, agardamos que vos guste tanto como a nós!!