« Maio 2024 »
DomLunMarMérXovVenSáb
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

Alumnado

Las bibliotecas escolares de Galicia

Iniciar sesión

Eva Mejuto na nosa biblioteca

Hoxe pola mañá, tivemos unha visita especial na nosa biblioteca, porque os nenos e nenas de primeiro ciclo recibiron a visita de Eva Mejuto. A próxima será no acto de amadriñamento da aula de primeiro. Contou cousas moi interesantes dos libros, que nos contan e ensinan historias e imaxes marabillosas. Grazas pola visita Eva!! Ata a próxima!!

 

 

VIII Torneo Basket sen barreiras

O vindeiro 25  e 26 de marzo, terá lugar no pavillón de Panxón o Torneo solidario de Basket sen barreiras que xa vai na 8ª edición. Este ano os fondos recadados irán destinados á Fundación Fran Gil contra a leucemia. Imos colaborar nesta iniciativa cunha recadación na escola que será o día 20 de marzo cunha furna solidaria na que se recadará o que consideredes para aportar o noso gran de area. A furna estará presidida pola  adestradora e presidenta do Clube Baloncesto Nigrán, Nuria Gómez.

Rosalía 2024

Un ano máis participamos na proposta daAsociación de escritoras e escritores en lingua galega- no día de Rosalía de Castro.

Nesta ocasión o alumnado de 3º a 6º de EP lembra a Rosalía co seu poema máis emblemático:

 "Adiós ríos, adiós fontes" que é a despedida dun home que ten que deixar o lugar onde naceu para procurar traballo lonxe. A persoa que se expresa neses versos é consciente de que probabelmente non poida voltar nunca ao seu país e que vai ter difícil comunicarse de novo cos seus seres queridos: é unha despedida para sempre. Rosalía quixo, a través de poemas coma ese, que se falase de problemas que afectaba a moitas galegas e moitos galegos sen poder e sen diñeiro

II CERTAME VÍDEO-LITERARIO: Ollo con Nigrán

 

Ollo con Nigrán é un certame organizado polo Teatro do ar e a Coopertaiva Somos Terra para potenciar a creación artística en lingua galega, divulgar a gran riqueza natural do noso municipio e facernos reflexionar sobre a importancia de coidala. O prazo remata o 5 de marzo. Premede nos adxuntos para ver a información. Saúdos.

Chocolatada, obradoiro e discoteca!!

Como a choiva non nos deixou  sair ao patio, organizouse na biblioteca un obradoiro de máscaras galegas tradicionais de Entroido e unha discoteca no ximnasio. E como é tradición entroideira na escola...Chocolate con churros para tod@s!! Preme para visualizalo!!