Skip to Content

Educación Física, Dinamización Lingua Galega, Educación artística, Linguas estranxeiras, Matemáticas, Orientación, Obxectivos, Avaliación, Temporalización

Recomendacións de lecturas para o verán

Os EDLG do CEIP Bormoio-Agualada e o CEIP Canosa-Rus recomendan ler en galego durante o verán, para iso ofrecen varias lecturas adaptadas ás idades dos nenos/as. Se picades nas imaxes accederedes ao documento completo.

Recollida de premios " Nós tamén creamos"

As nenas e nenos de 2º e 3º de Educació Primaria,  asistiron hoxe a entrega dos premios “Nós tamén creamos!”, que convoca a Consellería de Cultura e Educación coa colaboración da TVG e de OQOeditora.

O noso alumado gañou o   primeiro premio do Primeiro Ciclo de Primaria, coa curtametraxe "Non quero ser un polbo".

A Fundación Rosalía de Castro acolleu a entrega dos premios . 

Para ver os enlaces da noticia, pichade nas seguites imaxes!

Celebración do día da paz

O 30 de xaneiro os nenos/as de 2º e 3º ciclo interpretaron unha canción, para conmemorar e celebrar o Día da paz.


Consellos para ter unha voz sa

A mestra de Audición e Linguaxe deixavos uns consellos para o coidado da voz. Se picades na imaxe podedes descargarvos o documento en pdf.

Xornada deportiva CPI Alcalde Xosé Pichel

O pasado martes 27 de xaneiro as nenas/os de 6º de E.P. foron ao CPI Alcalde Xosé Pichel para participar nunha Xornada deportiva e de convivencia cos nenos/as do citado centro. Para coñecer os xogos que se realizaron e ver unha montaxe de como se desenvolveu o día podedes acceder ao blogue de E.F.: Superformigas.

Artistas no colexio

O martes día 9 de decembro os nenos e nenas de 3º EP e o mércores día 10 os nenos/as de 4º EP participaron nunha actividade moi interesante que lle foi concedida a moi poucos centros do rural de Galicia.

Campo a través en Cee

O día 5 de decembro os nenos/as de 3º e 5º de primaria acudiron á localidade de Cee para participar nunha carreira de campo a través con outros centros da zona de Costa da Morte. O día acompañou e puideron disputar as diferentes distancias sen preocuparse por chegar mollados/as á meta.

Xuntos podemos!

Nesta nova podedes acceder á descarga de todos documentos necesarios para a elaboración do proxecto de acrosport.

STORYBOARD

ELEMENTOS MÍNIMOS

RÚBRICA

EXEMPLO DE STORYBOARD E AVALIACIÓN

No blogue de EF podedes acceder aos diferentes recursos para a elaboración das imaxes, á música e as temáticas seleccionadas por vós.

Espero que vos sirva de axuda.

Carreira campo a través en Cee

O próximo venres 5 de decembro os nenos/as de 3º e 5º de E.P. participarán nunha carreira de campo a través que está incluida no programa deportivo, organizado pola Xunta de Galicia, Xogade. A proba realizarase na localidade de Cee. Os rapaces/zas terán que correr diferentes distancias en función do seu ano de nacemento, ubicándose deste xeito en diferentes categorías. Esta é a primeira fase, no caso de clasificarse algún neno/a para a seguinte proba notificariamolo coa suficiente antelación.

Nova sección

Vimos de estrear nova sección neste espazo web e que esta adicada á área de Educación artística, nela poderedes atopar información e as actividades que se realicen nesta área nos diferentes cursos do centro. Para estreala xa podedes atopar nela dúas cancións interpretadas polos nenos/as do 3º ciclo de E.P. coa axuda de Miguel, o mestre de Educación musical. Estade atentos/as a esta sección!

Cancións do Baobab

Os nenos/as de 5º de E.P. interpretan na aula de música a canción Uélé molibá mákási, orixinaria do Congo e que é parte do contido do libro Cancións Infantís e nanas do Baobab da editorial Kókinos, e que podedes atopar na nosa Leoteca.

Os instrumentos musicais

Os nenos/as de 6º de E.P. na aula de música interpretan unha canción sobre os instrumentos musicais.

1º ciclo

Distribuir contido


by Dr. Radut