Skip to Content

Artistas no colexio

O martes día 9 de decembro os nenos e nenas de 3º EP e o mércores día 10 os nenos/as de 4º EP participaron nunha actividade moi interesante que lle foi concedida a moi poucos centros do rural de Galicia.

Este taller poñerá aos nenos en contacto coa técnica de gravado a través dunha xornada impartida pola artista Iria do Castelo e xestionada desde o Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa, dentro do programa Xornadas de Desenvolvemento Creativo.

O gravado calcográfico foi utilizado desde o século XV para reproducir ilustracións e obras artísticas cun fin editorial. Desde a aparición da imprenta de Guttemberg, este método quedou en desuso e foi recuperado por artistas como o gran Picasso. Hoxe en día  é unha técnica utilizada por moitos artistas para obter series, editar unha obra orixinal en múltiples copias estampadas a man,…

Para os nenos/as foi unha oportunidade única de aprender da man dos propios artistas unha técnica de posibilidades infinitas dentro da linguaxe gráfica.



page | by Dr. Radut