You are herecontent / Carreira campo a través en Cee

Carreira campo a través en Cee


By webmaster - Posted on 01 Decembro 2014

O próximo venres 5 de decembro os nenos/as de 3º e 5º de E.P. participarán nunha carreira de campo a través que está incluida no programa deportivo, organizado pola Xunta de Galicia, Xogade. A proba realizarase na localidade de Cee. Os rapaces/zas terán que correr diferentes distancias en función do seu ano de nacemento, ubicándose deste xeito en diferentes categorías. Esta é a primeira fase, no caso de clasificarse algún neno/a para a seguinte proba notificariamolo coa suficiente antelación.

As distancias e categorías son as seguintes:

  • BENXAMÍN: nacidos/as nos anos 2006 e 2007. Distancia 500m.
  • ALEVÍN: nacidos/as nos anos 2004 e 2005. Distancia feminina 600m. e masculina 800m.
  • INFANTIL: nacidos/as nos anos 2002 e 2003. Distancia feminina 800m. e masculina 1.200m.
  • CADETE: nacidos/as nos anos 2000 e 2001. Distancia feminina 1.200m. e masculina 2.500m.

Lembrade que como é unha carreira que se realizará polo campo será necesario levar roupa para cambiarse (calzado, calcetíns, pantalón e camiseta), ademais dun chubasqueiro lixeiro se chove. Non vos esquezades da comida!

A actividade non ten ningún custo, é totalmente gratuíta.

O obxectivo desta actividade é que os nenos/as desfruten da práctica de actividade física, que coñezan novas modalidades deportivas, que coñezan a outros rapaces/zas da súa idade e compartan con eles os valores positivos do deporte.

Nestes enlaces poderase descargar tanto o CIRCUÍTO da carreira coma as NORMAS que explican a competición.

Eventos

« Xullo 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

ACTIVIDADES ESCOLARES

 

BLOGUES DO COLE

 BLOG DE LEOTECA

 BLOG DE AULA

 

 

BLOG EDLG

vente vindo

 

O sabor da aventura no mar