Skip to main content

Blog da biblioteca

FAMILIAS ARTISTAS.

Non me cansarei de decir que a biblioteca sen os nenos e as familias non  é ninguén. Hai saberes que se atopan na tradición. Grazas por compartir connosco as vosas  habilidades, sodes uns auténticos artistas.

 

 

Casilda no día do libro

O venres veume visitar a miña curmá Casilda e en vez de estar comigo foi celebrar o día do libro cós nenos. GRAZAS CASILDA por vir. As portas da nosa biblioteca estarán  sempre abertas para ti.

Vistámonos de palabras, calcémonos de impresións de tinta de Gutenberg e coloquemos os libros sobre a pel, xusto no lado do corazón, para que as súas palabras circulen polas nosas veas e osixenen o noso cerebro. Josefa Molina

Oleiros e oleiras na biblioteca creativa.

Aparicio é unha desas personas que se a coñeces  sentes unha profunda admiración por el. Oleiro de berce, e con moitas xeracións nas súas cóstas, levounos o mundo da alfarería dunha maneira máis que amena. 

Biblioteca, familias e Anxo Moure

GRAZAS.

 

Vai de poesía.

Rescato un poema do último libro do gran Antonio García Teijeiro : No xardín do poeta. Con estes versos quero recordar que estamos na semana da poesía e que esta nos  axuda a expresar sentimentos. 

Non quero ser o pano
que agoche  esas miradas

das nenas e meniños

que senten puñaladas

dun mundo cruel e frío

que neles non repara.

Non quero ser de auga 

nin quero ser de prata.

Eu quero ser acougo.

Eu quero ser morada.

Exposición fotográfica.

Posted in 

PACO NOGUEIRAS

Os nenos e nenas de infantil disfrutaron dunha sesión de contos e música a cargo do músico e narrador Paco Nogueiras.

Álbum: Curso 21-22 -> PACO NOGUEIRAS

Mulleres traballadoras.

Todos os días debemos agradecer a esas mamás , avoas, tías... todo o que fan  por esta sociedade. Partindo da admiración ás mulleres da zona e seguindo polas que fixeron historia recordamos este día.

Día de Rosalía.

No día de Rosalía cantamos, lemos, creamos... Deixo unhas palabras dun poema dela para estes días grises dedicadas a toda persona de Ucrania que tuvo que abandonar o país.

BIBLIOTECA E FAMILIAS

A tarde do venres os nenos e nenas realizaron un obradoiro de máscaras axudados  por mamás colaboradoras.


Aquí vos deixo tamén a canción do antroido dos máis pequeniños.

 

 

Entroido ILUSIONarte.

MOITAS RISAS PARA ESTE ANTROIDO

https://youtu.be/bPDXmw5Vhxk

Seguimos desde a radio.

Unha semana máis chegaron refráns a nosa canle así como un conto dedicado a esas mulleres que nos dan amor infinito: as avoas. Todo o que fagamos por elas é pouco.

 

Seguimos desde a radio.

Unha semana máis chegaron refráns a nosa canle así como un conto dedicado a esas mulleres que nos dan amor infinito: as avoas. Todo o que fagamos por elas é pouco.

 

 

Vai de conmemoracións.

Onte quixémosnos  sumar a iniciativa de Ponte nas Ondas e celebrar o día da radio. Buscade a nosa canle.. 

http://escolasnasondas.com/

Tamén o día 11 se conmemorou o día da muller  e da nena da ciencia. Unha imaxe  vale máis ca mil palabras.

 

 

 

 

 

Distribuir contido