Skip to main content

Exposición fotográfica.

Este mércores 9, o alumnado de 5º e 6º do Ceip Canosa Rus, tivo a gran oportunidade de facer unha visita a exposición fotográfica de Peter Lindberrgh. 

Nela adentránronse nas historias non contadas do autor, o que lles permitiu entrar de primeira man naquela historia que eles pensaban que estaba detrás de algunha das fotografías, e recreando as súas propias. 

A través dos diferentes grupos, foron recorrendo a exposición con unha carpeta diferente, conseguindo resolver os retos que se lles presentaba, o que lles permitiu ir explorando e anotando información sobre algunhas imaxes concretas a través de actividades como: atopar a imaxe a través dun fragmento fotógrafica  da mesma e anotando a información unha vez atopada, escollendo unha imaxe e crear a historia que eles pensaban que se atopa detrás de dito retrato…

 

Peter, estaba convencido que a beleza ten moitas facetas, rompendo así cos estereotipos e atopando a autenticidade nas imperfeccións. Nesta exposición presentanse aqueles retratos que el considera máis importantes e especiais, principalmente mulleres, organizadas cronolóxicamente e especialmente diseñadas para o espazo.

Álbum: Curso 21-22 -> EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA