Skip to main content

EXPORUS.

O 15 de maio pechamos un proxecto ilusionante que nos levou por todo o mundo, explorando as marabillas de diferentes culturas, costumes e tradicións. Desde América ata Xapón, pasando por Exipto, Londres, Ámsterdam, Mónaco, Francia, Kenia, Australia e moito máis, vivimos unha experiencia única chea de aprendizaxe, diversión e conexión co noso planeta. Nesta viaxe descubrimos a riqueza cultural de América, a elegancia dos templos xaponeses como os Torii, a grandeza das pirámides exipcias e a historia que conteñen. Contemplamos os monumentos emblemáticos de Londres e asombrámosnos coa mitoloxía grega e os seus deuses.Trasladámonos por Ámsterdam en bicicleta, sentimos a opulencia de Mónaco e namorámonos da beleza de Francia, das súas flores de cerdeira e da emblemática Torre Eiffel. Conectamos coa natureza en Kenia, plantando árbores e admirando a árbore da vida.Durante esta viaxe, tamén exploramos diversas formas de arte, desde o enigmático sorriso da Mona Lisa ata os coloridos graffitis que adornan as rúas de moitas cidades. Gozamos da comida local, practicamos ioga, practicamos deportes e admiramos a diversidade de animais que habitan o noso mundo.Este proxecto non só nos permitiu viaxar e ver lugares incribles, senón que tamén permitiu concienciar sobre a importancia da sustentabilidade e a conservación do medio ambiente. Reflexionamos sobre o cambio climático e a nosa responsabilidade como cidadáns do

Ese día celebrarmos o final desta viaxe, pero tamén o inicio dun compromiso continuado coa preservación do noso planeta e o respecto por todas as culturas que tivemos o privilexio de coñecer. Grazas a todos por formar parte desta experiencia inesquecible! Aquí un vídeo do  percorrido.