Skip to Content

Abril 2023

Busca o teu animaliño.

Recomendacións de libros.

Visita ÉRICA ESMORÍS.

ÉRICA ESMORÍS.

Unha melodía de jazz soa ao abrir "Patio de luces". Como se estiveses nunha antiga comedia de Hollywood, onde aparece un edificio ao comezo da película. Con cada veciño no seu piso. Lea, a protagonista desta historia está disposta a coñecer a cada un deles. Ten tempo libre e moita curiosidade.

VAI DE REFRÁNS DE ANIMAIS.

Escoitade os refráns de animais que recitan os nenos de segundo  e se atopades agún que non estea aquí deixádeo en comentarios..

 

ANDREA MACEIRAS.

DE ANDREA MACEIRAS.

O amor polas historias chegou un pouco máis tarde. E a destinataria dos meus primeiros contos foi a miña irmá pequena. Quizais por iso me sinto tan cómodo na literatura infantil e xuvenil.

Campionato tres en raia.

O xogo tres en raia é un dos pasatempos máis populares do mundo. Os estudos indican que se xoga desde o antigo Exipto fai 3 mil anos. Probablemente, o xogo de estratexia máis difundido a nivel mundial, tan coñecido como simple na súa concepción.

No noso cole fíxose un campionato ...na que houbo unha gran participación.

DÍA DO LIBRO . 23 abril.

Buscarás a mellor marea, o día axeitado, a hora precisa. Porque sabes que para que os peixes cativos veñan e prendan hai que darlles espazos, subtís e variados, onde poder ser e falar de libros.

Arriarás as túas redes para que se enchan de historias que provoquen, que conmovan, que fagan pensar, inda que resulten incómodas para algúns. Polo mesmo, fuxirás dos libros “para” como quen foxe da máis poderosa das treboadas.

Encherás o teu paxe de libros tamén para ti, porque só da beleza e da estrañeza sae a verdadeira literatura (e segues a precisar coidar o teu propio mar).

COÑECENDO A NATUREZA,

De excursión pola contorna vimos pegadas e capturamos un montón de información.

Lectura e familias con Vero Rilo.

A narradora Vero Rilo (Rilo&Penadique, Apatacón, Divas de Diván...) aventúranse por un camiño diverso, transitado por contos da nosa tradición oral, versións libres e revisitadas dos Contos de Fadas de Ángela Carter, contos de autor/a que xa son clásicos da literatura e álbum ilustrado infantil… Todo o repertorio vai da man da alegría, dos animais e, por que non?, de certas animalas… Son tempos de soltar as melenas e contar, cantar, bailar e correr coas feras que levamos dentro Raposos, merlas, toupas, nenas, nenos… corredes con nós? Con esta presentación soubemos que non ía defraudar. Nunha primeira sesión para adultos, Vero Rilo sacou das familias as ganas de contar axudándose delas, que foron as verdadeiras  protagonistas. Nunha segunda sesión contou contos relacionados cos animais. Rematamos facendo animais no chan e en cartón máxico.

 

Cazando velutinas.

Unha das preocupacións que hai na nosa contorna e acabar coas velutinas. Un axudante meu , lembrade que ían vir persoas que coñecen o mundo animal moi ben, veu falar das velutinas e de como facer unha trampa. Tamén nos  deixou unha trampa para observar cantas velutinas cazamos.



by Dr. Radut