Skip to Content

Marzo 2024

Ler un conto.

MOITAS RAZÓNS PARA LER UN CONTO. APÚNTASTE? Créase un vínculo afectivo entre o adulto que le e o neno que escoita.

  • Dedícaselle un tempo especial ao neno. Un tempo para compartir xuntos o pracer da lectura, o hábito de escóitaa, a reflexión sobre a lectura, a expectación por saber como finaliza a historia e a emoción polo intre compartido.
  • Contáxiase a maxia da lectura. Vaise construíndo o hábito lector.
  • Auméntase a creatividade, a imaxinación e a fantasía... Aquí unha mostra

Experimentando na biblioteca.

Así que xa sabes: construír ciencia é poñer a lupa sobre o que xa se coñece, identificar

o aplicable ao noso soño, e intentar completar as pezas que faltan do crebacabezas

con novas ideas que, como non, deben ser verificadas; trátase dun proceso creativo

que require paixón ante os desafíos e moito traballo. Non esquezas que todo este

coñecemento científico pódelo atopar nos libros ben ordenados destas bibliotecas,

sempre boas compañeiras.

Da ciencia depende o futuro do noso planeta e o benestar de todos os seres que o

habitan. Coida da ciencia, coida do planeta, coida do teu futuro: é a túa achega, é a

nosa obriga.

Dep. Legal: C 1813-2017

Peregrina Quintela Estévez

Matemática. Premio María Josefa Wonenburger Planells 2016

Equidade todos os días do ano.

 Fragmento extraído dunha publicación do Comercio.1857. Ese é o ano no que se orixinou o Día Internacional da Muller. Non foi unha celebración. Aquel 8 de marzo de 1857 centos de mulleres dunha fábrica de téxtiles de Nova York saíron á rúa para protestar polos baixos soldos que percibían (eran menos da metade do que cobraban os homes) e polas pésimas condicións nas que traballaban. Aquela manifestación acabou mal, coa Policía dispersando a protesta. 120 das mulleres que decidiron gritar pola igualdade faleceron, pero as traballadoras non se deixaron amedrentar e dous anos despois fundaron o seu primeiro sindicato

Desde aquel histórico 8 de marzo a data converteuse nun punto recorrente para as protestas das mulleres. Data que a día de hoxe conmemoramos como un paso adiante na igualdade do sexo feminino na sociedade e no seu desenvolvemento como persoa.

Mestres e mestras do origami.

 A definición máis común de origami é a formación de figuras de papel, feitas con dobras de diferentes formas. Ras, estrelas, garzas, peixes, flores, barcos, avións e animais de todo tipo, así como coloridas figuras xeométricas veñen á nosa mente en canto escoitamos a palabra: Origami. O campionato de origami na biblioteca foi todo un éxito.

Unha imprenta itinerante.

Relacionado do PDI Á volta o mundo realizamos un obradoiro de impresión itinerante, dentro do programa Biblioteca Creativa. O alumnado tivo a oportunidade de coñecer de primeira man os materiais empregados nunha imprenta e o seu funcionamento, e elaboraron carteis para posteriormente realizar un mural.

Onde andarei?



by Dr. Radut