Skip to Content

Maio 2024

EXPORUS.

O 15 de maio pechamos un proxecto ilusionante que nos levou por todo o mundo, explorando as marabillas de diferentes culturas, costumes e tradicións. Desde América ata Xapón, pasando por Exipto, Londres, Ámsterdam, Mónaco, Francia, Kenia, Australia e moito máis, vivimos unha experiencia única chea de aprendizaxe, diversión e conexión co noso planeta.

Día do libro.

Fai  un tempo, durante a miña infancia, en que para min, cada día, era o Día do libro.Non podo entender á nena que fun, nin á muller que son, sen os libros,que son tan parte de min como as miñas veas e os latexos do meu corazón. Amelina Correa

 

Campionato 3 en raia.

Os xogos de mesa son máis vellos que o avó do avó do avó! Imaxina a comerciantes italianos levando o tres en raia polo mundo como se fosen influencers dos tempos antigos. Que tolo! E en España aínda podes sentir a maxia destes xogos en cada recuncho! Así se puido comprobar no campionato de tres en raia  celebrado no colexio. Que a maxia continúe.



by Dr. Radut