Skip to main content

A BIBLIOTECA TEN A PALABRA RADIO NA BIBLIO ILUSIONARTE

Vai de poesía.

Rescato un poema do último libro do gran Antonio García Teijeiro : No xardín do poeta. Con estes versos quero recordar que estamos na semana da poesía e que esta nos  axuda a expresar sentimentos. 

Non quero ser o pano
que agoche  esas miradas

das nenas e meniños

que senten puñaladas

dun mundo cruel e frío

que neles non repara.

Non quero ser de auga 

nin quero ser de prata.

Eu quero ser acougo.

Eu quero ser morada.

Distribuir contido