Skip to main content

Vai de poesía.

Rescato un poema do último libro do gran Antonio García Teijeiro : No xardín do poeta. Con estes versos quero recordar que estamos na semana da poesía e que esta nos  axuda a expresar sentimentos. 

Non quero ser o pano
que agoche  esas miradas

das nenas e meniños

que senten puñaladas

dun mundo cruel e frío

que neles non repara.

Non quero ser de auga 

nin quero ser de prata.

Eu quero ser acougo.

Eu quero ser morada.

Deixo tamén un programa de poesías elaborado polos cativos de 5 anos, outro polos de sexto e un conto de PAIS E NAIS DE CONTO.