Skip to main content

Blog da biblioteca

A BIBLIOTECA TEN A PALABRA: teatro lido.

Os nenos e nenas de terceiro clasificáronse  para a final do Certame de Teatro Lido do Concello de Carballo.Este domingo ás seis realizarán a obra no Pazo da Cultura. Escoitade a gravación que saiu onte no programa Voces de Bergantiños.

https://www.radiovoz.com/archivo/9/vocesdebergantinhos/ ( 9 de novembro, segunda parte , minuto 54).

 

 

Radio na biblio: a biblioteca ten a palabra.

A literatura tamén é arte. Manuel María foi , ou mellor dito é , un artista da palabra. Os nenos e nenas de terceiro estreáronse  na radio do cole cuns poemas que el escribiu . Entrade na Nosa canle de IVOOX LEORUS para escoitarnos. 

 

PDI ilusionARTE

A semana pasada chegaron ás aulas unhas cestas moi especiais cargadas de inspiración para comezar ilusionARTE. A Nosa alegría durou pouco porque un ser marchounos con algo das cestas. Para recuperar o Yoda, as camisetas, ó petroglifo, o cadro... os nenos e nenas teñen que averiguar como é esa personaxe facendo o seu retrato. Mans á obra artistas.

Meta: ACABAR CO PDI ILUSIONARTE.

EXPOSICIÓN TERRORÍFICA.

Chegou o terror a escola, o alumnado e as familias convertiron o noso doce lar nun lugar onde se pasa moito , moito medo. Ademais os maiores contaron contos os máis pequenos.

 

TEATRO LIDO

Un ano máis o alumnado participou no concurso de teatro lido que está incluido dentro das actividades do FIOT de Carballo.  Ollade  unha mostra das súas obras.

Día das bibliotecas

No día das bibliotecas comezaron as mochilas viaxeiras, empezamos a gravar na radio... investigamos e creamos.

Álbum: Curso 21-22 -> Lectura e familias

MOCHILAS VIAXEIRAS.

Comezan as mochilas viaxeiras. Cada venres un neno ou nena de cada curso levará consigo unha presa de libros para desfrutar deles. Se queres aventura lánzate a lectura.    

NOVO FOGAR .

Boas nenos e nenas do Canosa-Rus. Estiven de mudanza. Vedes que teño unha nova casiña na rede. Troixen  todos os meus recordos para este lar que está dentro da páxina do colexio.  En nada teredes novas miñas. BENVIDOS AO CURSO 2.021-2.022.

Amar o mar

Distribuir contido