Skip to main content

Blog da biblioteca

Mellor ver voar pombas que escoitar caer bombas.

Entre pombas e avións pedimos a PAZ no mundo.

Animados animais na radio.

O Faladoiro de cuarto invítanos a aprender algo máis sobre os animais da contorna.

ABELLAS NA ESCOLA.

Esta semana os nenos e nenas convertéronse en verdadeiros apicultores. Aprenderon sobre as abellas , o seu coidado ....  ata realizaron unha vela.

 

 

Campionato de cubos de RUBIK.

Este ano tuvo lugar na biblioteca un verdadeiro campionato de cubos de Rubik. Felicidades os gañadores e os que non tamén porque sodes uns artistas. A concentración, o razoamento e a memoria operativa son capacidades que se traballan con estes Cubos. Pincha na imaxe para ver o vídeo.

Boas festas!

Agasalla un libro!!!

PREME NA IMAXE E ESCOLLE O TEU LIBRO!!

Contos de Nadal.

 


Se les moito pode
s chegar a escribir historias fantásticas. Foi o que lle ocorreu a unha nena de cuarto de primaria. Esta nena devora os libros como Matilda. Tanto le que encheu a súa cabaciña de contos e relatos. Agora  consegueu o poder de escribir as súas propias historias. Un dos últimos contos que creou  chegou as mans de  persoas que estaban a escoller os mellores contos de Nadal da Costa da Morte.  A sorpresa foi que o seu conto gastou tanto que se publicou no xornal. Pincha na  imaxe e busca o conto desta nena! 

Premio PDI ILUSIONARTE.

Grazas!

MES DA CIENCIA

"A ciencia está chea de momentos épicos coma este. Coñecelos e transmitilos é un deber no que todos, non soamente os que somos científicos, debemos participar. Amigos: temos unha historia da ciencia tan rica como descoñecida. Cando leades unha historia coma esta, facédea vosa e transmitídea, porque cada vez que a contedes estaredes sementando a curiosidade pola ciencia e contribuiredes a facer medrar no noso pobo unha cultura científica moi necesaria, que nos permitirá avanzar como sociedade e nos fará máis libres." José Tubío

Álbum: Sen categoría -> MES DA CIENCIA 2022

Xente que busca un mundo equitativo.

Braille Louis Braille foi o gran inventor do sistema Braille. Cando tiña tres anos , xogando no taller de seu pai, perdeu a visión. Temos que ser conscientes das diferenzas e as limitación que poden aparecer. O libro  Miña guía meu capitán e o sistema Braille axudounos a coñecer un pouco máis este mundo.

Braille

Non ao bullying

 

Axenda 2030

A axenda 2030 pretende, entre outros moitos obxectivos, construir un mundo máis seguro para a infancia. Na radio uns nenos de sexto , por medio dun conto, mostraron a súa repulsa ao bullying.

 

Dillo a quen te maltrata.

5 obx Con tranquilidade lede as cartas dirixidas aos maltratadores por parte dos nenos do terceiro ciclo ( debedes pinchar na imaxe para velas). Ademais colaborouse co concello de Coristanco levando unha cadeira recordando que non se quere unha cadeira máis baleira.

 

 

Nin unha máis.

Obx 5Querido mundo quero contar...

hai tantas cousas que quixera cambiar!

Querido mundo...vouche decir.

Berro moi  alto e ninguén quere ouvir.

Mulleres que teñen medo dos homes  con pouco valor

Con este texto da canción de Paco Nogueiras Querido mundo  comezo esta entrada.As cartas, cancións e murais foron o noso medio  para berrar ben alto  NIN UNHA MÁIS.

25 n

Recuncho FEITO CON XEITO

Pouquiño a pouco a biblioteca está recuperando a normalidade. A nosa biblioteca componse de moitos recantos. Un deles é a zona Feito con Xeito onde fedellamos e investigamos con distinto material. Acaba de abrir nos recreos. Neste trimestre os nenos nesta zona poderán  xogar an o tres en raia ou coas cartas, axilizarán a mente cos cubos de Rubick , construirán cos legos, aprenderán a mover o Doc coñecendo distintos animais...

 

Feito con XEITO

Distribuir contido