Skip to main content

MES DA CIENCIA

"A ciencia está chea de momentos épicos coma este. Coñecelos e transmitilos é un deber no que todos, non soamente os que somos científicos, debemos participar. Amigos: temos unha historia da ciencia tan rica como descoñecida. Cando leades unha historia coma esta, facédea vosa e transmitídea, porque cada vez que a contedes estaredes sementando a curiosidade pola ciencia e contribuiredes a facer medrar no noso pobo unha cultura científica moi necesaria, que nos permitirá avanzar como sociedade e nos fará máis libres." José Tubío

Na biblioteca somos conscientes da importancia de traballar a investigación desde ela e fomentar a curiosidade: fedellar coa electricidade, investigar sobre o PDI, manipular con materiais, facendo mesturas, usar lupas e microescopios e ver unha ala dunha velutina son algunhas das actividades feitas neste mes.

Álbum: Sen categoría -> MES DA CIENCIA 2022