Skip to main content

Blog da biblioteca

Cando a biblioteca ten a palabra.

Cando a biblioteca ten a palabra saen momentos  bonitos como os mostrados a continuación.

 

LUPE BLANCO

Quen non coñece a Lupe Blanco? Que ben o pasamos. Volve pronto.

 

Busquemos paz.

"Non chega  con falar  de paz. Un debe crer nela e traballar para conseguila” (Roosvelt)

Nais e pais de contos e refráns.

Un dos praceres do que máis desfruto  e cando me contan un conto. Sei que xa son maior mais  os contos gústannos a todos e todas. Esta semana chegaron unha boa presa deles así que ireinos subindo por orde de chegada. Aquí vos deixo tres que me encantaron e uns poucos refráns. Grazas por deleitar os meus oídos. 

CONTOS E REFRÁNS NA RADIO.

Este ano abrimos o recuncho de "Lectura e familias" cun conto que nesta época de COVID se agradece escoitar Ata que nos poidamos abrazar de McLaughlin, Eoin. Tamén podedes escoitar os primeiros refráns que chegan a nosa radio.

 

 

 

A PARTICIPAR.

Panxoliñas dos peques da escola.

Os máis pequenos e pequenas  alégrannos o Nadal con estas panxoliñas.

 

BO NADAL!

Parabéns Carpiño

Os nenos e nenas de cuarto de primaria, xunto co mestre que estaba con eles o ano pasado, veñen de gañar un premio en biblioteca.O proxecto conta ca seguinte narrativa: Carpiño, unha carpa pequena que vive na cidade da Coruña, ó carón da Torre de Hércules. Pide axuda para limpar e coidar o seu fogar, que está cheo de plásticos e outros elementos que poñen a súa saúde e a do resto dos seres mariños  en perigo. A través de distintas probas conseguen salvalo.       

Agasalla un libro.

Boas! Non hai mellor agasallo que un libro. Deixo unhas recomendacións . Aínda así cada neno e nena ten os seus gustos, se tedes dúbidas sobre algún libro ou desexades comunicarvos directamente con Leoteca escribide un comentario. Se queredes algunha recomendación para un cativo ou  cativa en concreto mandade un correo a leoteca@ceipcanosarus.net   

A vós, BO NADAL.

Aínda que para a semana nos  esperen sorpresas... BO NADAL a todas esas personiñas que enchen a biblioteca cos seus sorrisos.

 

Mes da ciencia en galego.

Este ano o manifesto do mes da ciencia escribiuno o gran ÁNGEL CARRACEDO.

https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/files/Manifiesto_mesdacienciagalegob14.pdf

Copio textualmente un dos parágrafos.

NIN UNHA MÁIS.

No 25 N berramos ben forte, NIN UNHA MÁIS. A meirande parte dos cursos preparou unha sopa contra a violencia usando o escornabot para guiarnos  a esas palabras que se deben meter na pota: amizade, apertas, agarimo... ademais os nenos e nenas de terceiro a sexto tiveron unha videoconferencia con unha muller que é enxeñeira naval que le explicou os croios que atopou  polo camiño por ser muller.

Distribuir contido