Outubro 2019

O día das Escritoras no noso cole

 

 

O xoves 17 de outubro visitounos Susana Sánchez Aríns, escritora estradense con grande capacidade comunicativa, para conmemorar o día das Escritoras. Foi moi ameno e aproveitamos a ocasión para non só aprender dos seus consellos e vivencias, senón que tamén a convidamos á nosa radio.

 

 

 

 

SAÍDA AO RÍO ULLA

PARA INICIAR O NOVO PROXECTO SOBRE O RÍO ULLA, NADA MELLOR QUE UNHA SAÍDA POR ESTE ENTORNO, COMPROBANDO O ESTADO DA AUGA, AS ESPECIES QUE ALÍ SE ATOPAN, E UNHA MAGNÍFICA EXPLICACIÓN SOBRE A VIDA DE ALGÚNS PEIXES, ASÍ COMO OS DISTINTOS INSTRUMENTOS QUE OS AXENTES USAN PARA PODER FACER UN EXHAUSTIVO SEGUIMENTO POLOS SEUS PERCORRIDOS.

 

INICIAMOS O CURSO

O novo curso comenzámolo con moitas ganas de traballar, por iso o primeiro que fixemos foi limpar os bancais, tarfa a cargo dos maiores para que logo os de 1º e 2º plantaran aromaticas. Desfrutamos tanto ou máis que nun día de festa.

     
     
     

Powered by Drupal - Design by artinet