Skip to Content

Invitación Torneo Carballo Handball Festival 2023 - Escolas de Balonmán XIRIA

Mandamos información dun torneo que imos a desenvolver en Semana Santa Escolas Balonmán Xiria co patrocinio de Turismo Carballo e a colaboración do Concello de Carballo e Carballo Deporte.
 
O evento terá lugar do 6 ao 8 de abril e está orientado a nenxs de 1º a 6º de Educación Primaria (2011 a 2016). Durante 3 días haberá competición de balonmán, xogos, sorteos, actividades lúdicas, festa de convivencia, etc. Participarán equipos doutras zonas de Galicia e incluso doutras comunidades.
 
Este ano como novidade, queremos formar equipos dos diferentes colexios de Carballo para que disfruten do torneo. Xs nenxs deberán inscribirse no enlace que vos achegamos a continuación e despois poñerémonos en contacto con eles para mandarlles horarios e demáis. Xs nenxs agruparanse por colexios e os equipos levarán o nome de cada cole. Durante os partidos, serán xs adestradorxs do noso club xs que estarán cos equipos.
 
A actividade para xs nenxs do Concello será de balde gracias ao patrocinio de Carballo Turismo. Tódolxs participantes recibirán un agasallo.
 
 
Link para inscricións:
 
Calquera dúbida estamos á vosa disposición.
 
Moitas grazas.
 



Un saúdo,
 

Jessica Posse Díaz

RESULTADO DO SORTEO PÚBLICO PARA O DESEMPATE NO PROCESO DE ADMISIÓN

Bo día.

Publicamos o documento co resultado do sorteo, celebrado o 23 de febreiro de 2023, ás 11h, para o desempate no proceso de admisión, no caso de que haxa que baremar, se se presentan máis solicitudes que prazas ofertadas.

 

Un saúdo.

A dirección do centro.

Modificación – LISTAXE DEFINITIVA DO ALUMNADO PROCEDENTE DE CENTROS ADSCRITOS (CRA PONTE DA PEDRA) – RESERVA CURSO 2023/2024

 

Bo día.

Comunicamos que das 7 solicitudes de reserva de praza para o 3º nivel de Educación Primaria, de cara ao vindeiro curso académico, o 2023-2024, presentadas desde o noso centro adscrito, o CRA Ponte da Pedra, unha delas acaban de presentarnos a renuncia á mesma (FÓRA DE PRAZO).

Polo tanto, quedan 6 admitidas e unha renuncia, presentada no CRA Ponte da Pedra o 23/02/2023 e no CEIP Bergantiños o 24/02/2023.

Poderedes ver esta información no taboleiro de anuncios do noso centro educativo.

 

Un saúdo.

A dirección do centro.

MENÚS DO COMEDOR ESCOLAR - Mes de marzo de 2023

Bo día.

Adxuntamos os menús do comedor escolar do vindeiro mes de marzo de 2023.

 

Un saúdo.

 

INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO ACADÉMICO 2023-2024

 

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO ACADÉMICO 2023-2024

 

 

a) Normativa reguladora do procedemento de admisión (poden consultala nos documentos adxuntos).

 

- Decreto 13/2022, de 3 de febreiro.

 

- Orde do 12 de marzo de 2013.

 

- Orde do 21 de outubro de 2022.

 


b) Postos escolares ofertados para o curso académico 2023-2024 nos niveis de ensino aos que se refire o procedemento de admisión:

 

§  4º de EI: 75.

 

§  5º de EI: 24

 

§  6º de EI: 21

 

§  1º de EP: 13

 

§  2º de EP: 17

 

§  3º de EP: 18

 

§  4º de EP: 24

 

§  5º de EP: 24

 

§  6º de EP: 10

 

 

 

c) Prazo de presentación das solicitudes de admisión (ver documento ANEXO II; contaremos con formularios no centro educativo a disposición da comunidade educativa): do 1 ao 20 de marzo de 2023.

 


d) NOTA INFORMATIVA:
1º. Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro noque solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dosdereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
2º. O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitudede admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
3º. O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 


e) Prazo de presentación da documentación xustificativa dos criterios alegados para o
baremo, se é o caso. En caso de que a demanda de prazas escolares sexa superior á oferta, abrirase un prazo de 10 días hábiles, contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión, para achegar a documentación xustificativa dos criterios de baremo.

 

O criterio complementario do noso centro educativo, equivalente a 1 punto no baremo, é que a residencia habitual ou familiar do alumno/a solicitante se atope na área de influencia. Deberá acreditarse esta situación polos mesmos procedementos, expostos no Decreto 13/2022, de 3 de febreiro.

 


f) Calendario que inclúa a data de publicación das listaxes do alumnado admitido e non admitido e os prazos para formular reclamación.

 

o   Data do sorteo público a efectos de desempate: última semana de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo. Sorteo que se celebrará o xoves 23 de febreiro de 2023, ás 11h.

 

o   Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.

 

o   Presentación da solicitude de admisión: do 1 ao 20 de marzo.

 

Poderán acudir ao centro a solicitar un formulario, descargalo na web do centro ou poderá facerse tamén vía telemática (ver manual para as familias – sede electrónica).

 

o   Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partires dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.

 

o   Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.

 

o   Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.

 

 

 

o   Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 20 ao 30 de xuño.

 


g) Prazo para formalizar a matrícula (do 20 ao 30 de xuño) que deberá axustarse ao modelo normalizado do ANEXO III. Poderán acudir ao centro a solicitar un formulario. Tamén se colgará na web do centro, nas datas indicadas.

 


h) Centros que ten adscritos, e adscrición do centro a outro ou outros:

 

CRA Ponte da Pedra e IES Parga Pondal.

 


i) Área de influencia do centro en cada unha das ensinanzas impartidas e áreas limí‑
trofes (ver documentos adxuntos).

 


l) Servizos complementarios que ofreza o centro, identificando a normativa concreta queos regule:

 

-       Madrugadores/CONCILIA: tramitado e organizado desde o Concello de Carballo.

 

 

 

-       Transporte escolar:

 

·       Real Decreto 443/2001, do 27 de abril.

 

·       Decreto 65/2014, do 28 de maio.

 

 

 

-       Comedor escolar:

 

·       Decreto 132/2013, do 1 de agosto.

 

·       Orde do 21 de febreiro do 2007.

 

·       Instrución 3/2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellaría de Cultura, Educación e Universidade, do 1 de xuño, sobre o funcionamento dos comedores escolares de xestión indirecta no curso escolar 2022-2023 (aínda non se publicou a do vindeiro curso académico).

 

 

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR NO PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO ACADÉMICO 2023-2024

 

 

 

-       Anexo II (colgado na web e copias a disposición da comunidade
educativa no propio centro).

 

-       Libro de familia.

 

-       Convenio regulador, nos casos de divorcio ou separación matrimonial.

 

 

 

Horario de atención ao público (de luns a venres):

 

-       De 09.40h a 12.10h.

 

-       De 13h a 14.40h.

 

- Os luns, tamén pola tarde, en horario de 16h a 17h.

 

 

 

Teñan en conta que os nenos e nenas xa matriculados
neste centro educativo, teñen garantizada a súa praza ata 6º de Educación
Primaria
. Polo tanto, non deberán levar a cabo ningún proceso, nin presentar
ningún documento estes días, a non ser que se solicite un cambio de centro.

 

 

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO PROCEDENTE DE CENTROS ADSCRITOS (CRA PONTE DA PEDRA) - RESERVA CURSO 2023/2024

Bo día.

Comunicamos que as 7 solicitudes de reserva de praza para o 3º nivel de Educación Primaria, de cara ao vindeiro curso académico, o 2023-2024, presentadas desde o noso centro adscrito, o CRA Ponte da Pedra, resultaron TODAS ADMITIDAS.

Poderedes ver esta información no taboleiro de anuncios do noso centro educativo.

 

Un saúdo.

A dirección do centro.

CONCESIÓN DE DÍA NON LECTIVO - 2 de maio de 2023

Boa tarde.

 

A Consellaría de Educación acaba de notificarnos que nos foi concedido o martes 2 de maio de 2023, como día non lectivo. Polo tanto, ese día o centro non se abrirá, nin se ofertarán servizos, nin actividades extraescolares.

Esta solicitude xa se realizou en setembro de 2022, pero chegounos a notificación de dita resolución hai escasos minutos.

 

Recibide un saúdo cordial.

O equipo directivo.

PREPARÁNDONOS PARA CELEBRAR O ENTROIDO!

 

Xa queda menos para poder celebrar o festival de Entroido e  comezamos a entrar en ambiente decorando as entradas dos edificios de Educación Infantil e Educación Primaria. Como a temática do centro é a volta ao mundo, decidimos investigar sobre a celebración do Entroido noutros lugares do mundo e decorar coas súas máscaras típicas (e, por suposto, tamén con algunhas galegas). O alumnado fixo máscaras de lugares como: México, India, África, Xapón, Colombia, Bolivia, Venecia. Galicia está representada coas máscaras dos Peliqueiros de Laza e os Boteiros de Viana do Bolo. 

Tamén está presente na decoración a expedición de Fernando de Magallanes e Juan Sebastián Elcano, cunha espectacular nao realizada pola aula de  3º-A de Educación Primaria.

A vindeira semana completarase a decoración co "Mandadiño do Entroido".

CARREIRA ENKI

O pasado 30 de novembro celebramos a primeira edición da Carreira Enki no CEIP Bergantiños, cuxo lema foi  "Corre por un mundo imperfecto". Foi unha carreira de obstáculos non competitiva, chea de diversión e sorpresas e onde a inclusión de todo o alumnado é o eixo fundamental. Unha vez realizada a carreira, e para repoñer forzas, o alumnado puido degustar plátanos. Tamén se lles entregaron  botellas de auga, as cales foron doadas pola empresa Hijos de Rivera S.L. (á cal agradecemos a colaboración amosada co noso centro).

Contamos ademais coa presenza dos vehículos da Policía Local e dos Bombeiros de Carballo, aos que damos as grazas por colaborar en moitas das actividades que realiza o colexio.

Desde aquí agradecemos o gran traballo do Equipo de Convivencia do centro, que organizou e coordinou a carreira; así como a colaboración e compromiso amosados por toda a comunidade educativa (alumnado, familias e persoal docente e non docente), que foi tamén fundamental para que a carreira fose un éxito.

A continuación, unha pequena mostra da xornada:

 

 

OBRADOIRO DE EDUCACIÓN VIAL

Na xornada de hoxe o alumnado de primeiro curso de Educación Primaria participou nun obradoiro de educación vial organizado pola Concellería de Mobilidade e impartido coa colaboración da Policía Local e o Clube Ciclista de Carballo.

Distribuir contido


by Dr. Radut