Skip to Content

REDUCIÓN DE XORNADA O DÍA 23 DE XUÑO

O ÚLTIMO DÍA DE COLEXIO TEMOS REDUCIÓN DE XORNADA.

O SERVIZO DE AUTOBÚS FUNCIONARÁ NESTE HORARIO.

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS DE COMEDOR ESCOLAR E TRANSPORTE ESCOLAR

   A Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de remitirnos as instrucións relativas aos servizos complementarios que ofertamos neste centro: COMEDOR E TRANSPORTE ESCOLAR.

   O prazo para presentar as solicitudes remata o 28 de xuño (Transporte Escolar e Comedor Escolar). As solicitudes, así como a información e criterios de selección de usuarios do Comedor Escolar,  poderanse recoller na Secretaría do centro ou descargalas nos ficheiros adxuntos.

ADXUDICACIÓN DE POSTOS ESCOLARES DA COMISIÓN DE ESCOLARIZACIÓN

De acordo coa Comisión de Escolarización de Carballo, no arquivo adxunto podedes consultar as adxudicacións subsidiarias de postos escolares para o curso 2017/18, as adxudicacións de postos escolares a solicitudes presentadas fóra de prazo para o curso 2017/18 e a lista do alumnado que solicitou praza no CEIP Bergantiños e non obtivo a praza solicitada.

IMPORTANTE: as adxudicacións dos postos escolares están condicionadas á formalización da matrícula no centro adxudicado entre os días 20 e 30 de xuño.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

A Consellería ven de publicar a Orde 16 de maio de 2017 (DOG 22 de maio de 2017) pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obligatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/2018.

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

 

Alumnado matriculado (no curso 2017/2018) en 3º,4º,5º,6º de educación primaria

Alumnado con renda per cápita igual ou inferior a 5400 €

6 libros

Alumnado con renda per cápita entre 5400 € e 9000 €

4 libros

Alumnado tutelado pola Xunta ou discapacidade superior ao 65%

6 libros

 

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO

 

Alumnado matriculado (no curso 2017/2018) en 1º, 2º de educación primaria.

Alumnado con renda per cápita igual ou inferior a 5400 €

170 €

Alumnado con renda per cápita entre 5400 € e 9000 €

90 €

Alumnado matriculado en educación especial ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%

250 € con independencia da renda

Alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta

Contía máxima con independencia da renda

 

AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

 

Alumnado matriculado en educación primaria con renda per cápita igual ou inferior a 5400 €. A contía da axuda será de 50 €.

 

A solicitude será ÚNICA para todos/as os/as fillos/as matriculados no mesmo centro (se están matriculados en diferentes centros terase que presentar solicitude en cada un dos centros) e especificarase o nivel de estudos que se espera realizar no curso 2017/2018. 

 

PRAZOS

 

Entrega de solicitudes....................................... ata o 23 de xuño

Entrega de libros curso 2016/2017....................... ata o 21 de xuño

Listaxe provisional Fondo solidario................................ 27 de xuño

Prazo de reclamacións........................................ 28 e 29 de xuño

 

Listaxe definitiva Fondo solidario.................................... 4 de xullo

 

Pódese descargar a solicitude no arquivo adxunto. Para máis información pinchar no hipervínculo que hai no comezo da nova (Orde 16 de maio de 2017).

LISTAXES DEFINITIVAS ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO CURSO 2017-18

Nos arquivos adxuntos poderán consultar as listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido para o vindeiro curso 2017/2018.

Contra esta resolución definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de A Coruña no prazo de un mes a contar desde o día seguinte á súa publicación, segundo se indica no artigo 32.1 da Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG 15 marzo de 2003).

Non esquezan que o PERÍODO DE MATRÍCULA abrangue dende o 20 ao 30 de xuño (ambas as datas incluídas)