Bo día familias,
O pasado mes de outubro celebrouse a 22ª edición do Concurso Escolar de Teatro Lido "Xosé Manuel Eirís" do Festival Internacional Outono de Teatro, e o CEIP Bergantiños tivo a súa propia representación con dous grupos da aula de 6ºC:
O grupo "Asando polos" integrado por Ánder Menéndez, Lola Cañás, Nicolás Rodríguez e Antón Ferreiro, participou cunha obra propia titulada: "O Diario de Adara". O grupo "Os comillas" formado por Sofía Santos, Jonathan Bardanca, Henar Suárez e Liz Gutierrez, escribiu " Vés comprar? "
Sabemos que foi unha boa experiencia e que desfrutastedes moito na preparación! Queremos darvos as gracias pola vosa participación e animarvos, a vós e a todo o alumnado, a participar nas próximas edicións.
Podedes acceder premendo nos seguintes enlaces:
Asando polos: Diario de Adara.
Os Comillas: Vés comprar?
Un saúdo.
