Skip to Content

TRANSPORTE ESCOLAR - Curso académico 2023-2024

Boa tarde.

 

Acaba de publicarse na páxina da Consellaría de Educación a Instrución 1/2023 sobre a xestión do servizo de transporte de escolares para o curso escolar 2023-2024. Podedes ver, nos documentos adxuntos a esta publicación, a instrución, así como unha circular sobre a mesma.

Así mesmo, anexamos tamén nesta publicación o modelo de solicitude que debedes de presentar no centro educativo para solicitar praza no transporte escolar de cara ao vindeiro curso académico.

Os que xa sodes usuarios/as de transporte actualmente (coa excepción do alumnado que cursa a día de hoxe 6º de EP), as monitoras repartiranvos no día de mañá a solicitude para os que queirades seguir desfrutando deste servizo, xa que se debe renovar con carácter anual.

Os que o solicitedes por 1ª vez, podedes descargar a solicitude do arquivo adxunto a esta publicación, así como pasarvos polo centro a por unha copia.

 

Un saúdo.

A dirección do centro.

MURAL DE LINGUA DE SIGNOS E BRAILLE - ENKI

 

Data: Luns, 5 de xuño, ás 10h.

Duración da actividade: Aproximadamente 2h

Recollida de tapóns: tapóns azuis de botellíns de auga.

Materiales: aportados por ENKI.

Participación: o alumnado irá colaborando na realización do mural en pequenos grupos.

Adxuntmos tríptico con toda a información.

 

ENKI

Tlf. 881 243 819

NÚMERO DAS PARADAS DO AUTOBÚS PARA O ALUMNADO QUE VAI PARA O INSTITUTO

No documento adxunto detállanse os números das paradas de autobús da ruta do IES Isidro Parga Pondal. Son para que as familias do alumnado que comeza no instituto o curso que vén saiban o número de parada que teñen que poñer á hora de cubrir a documentación de matrícula.

SIMULACRO DE EVACUACIÓN

No día de onte desenvolvemos o simulacro de evacuación do centro. Contamos coa colaboración do servizo de bombeiros e protección civil do concello de Carballo.

Aquí tedes unhas imaxes nas que se pode ver o rescate dunha mestra que simulou quedar atrapada nunha das aulas do primeiro andar.

 

SOLICITUDES PARA FONDO LIBROS E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

 

Estimadas familias:

 

 

Acaba de publicarse, no día de hoxe, no Diario Oficial de Galicia, a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

 

As solicitudes cumplimentaranse mediante formulario, a disposición do centro educativo, ou mediante solicitude telemática, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

 

 

O prazo estendarase desde o día de mañá, sábado 20 de maio de 2023, ata o mércores 21 de xuño de 2023, coincidindo co final do presente curso académico.

 

                 

           As solicitudes serán únicas, no caso de ser presenciais, para todos os fillos/as matriculados no mesmo centro educativo. En caso de facelo, de xeito telemático, será unha solicitude por cada fillo/a.

 

          As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formuario normalizado (ED330B-anexos I e II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

 

 

                 

    TEDES COMO DOCUMENTO ADXUNTO A ESTA PUBLICACIÓN O IMPRESO DE SOLICITUDE, QUE INCLÚE O ANEXO I E O ANEXO II.

 

Deberán cubrirse os ANEXOS I e II, así como achegar copia do Libro de Familia. En caso de separación ou divorcio, requerirase copia da sentenza xudicial ou do convenio regulador, onde se especifique a garda e custodia do menor.

As solicitudes para os niveis de 5º e 6º de EP só se tramitarán as de axuda para a adquisición do material escolar, xa que ao ser cursos E-DIXGAL, non contan con libros de texto.

 

            Terase en conta para ditas solicitudes a renda do ano 2021, así como os datos da unidade familiar con data do 31/12/2021.

 

           

O alumnado que curse a día de hoxe 6º nivel de EP e estea admitido no IES para o vindeiro curso, presentará solicitude no Centro de Educación Secundaria.

 

 

 

Tedes toda a información nos documentos adxuntos a esta publicación, así como tramitalo de xeito online, a través da sede electrónica da Consellaría: https://sede.xunta.gal

Un saúdo cordial.

 

A dirección do centro.

 

 

 

Escolas Verán Xiria 2023

Bo día.

Achegamos información sobre a 30ª edición das Escolas de Verán Xiria.

 O campamento terán lugar os meses de xullo e agosto nas instalacións do CEIP Fogar de Carballo. As actividades desenvolveranse en horario de mañá e está orientado a nenas e nenos de Educación Infantil e Primaria. Unha alternativa para o tempo libre da época estival onde as nenas e nenos poderán desfrutar de novas amizades, deporte, obradoiros, festas temáticas, saídas, xogos e moito máis.

 Máis info e inscricións na páxina web de Escolas Balonmán Xiria:

https://www.balonmanxiria.com/escolasdeveran/

 Moitas gracias!

 Un saúdo,

 Jessica Posse Díaz Responsable de Operacións de Escolas Balonmán Xiria

609 560 955

 

 

 

 

 

 

VISITA DO ALUMNADO DE 5º DE E.P. AO CEIP EMILIA PARDO BAZÁN

O pasado 5 de maio o alumnado de 5º de E.P. realizou unha visita ao CEIP Emilia Pardo Bazán (A Coruña). Entre as actividades desenvolvidas previas a esta visita fixeron unha presentación contando como é o noso centro para que a visen os nenos e nenas da Coruña.

Premede AQUÍ para ver a presentación.

Pola súa parte, no blog da biblioteca do CEIP Emilia Pardo Bazán publicaron unha entrada comentando a visita do alumnado do CEIP Bergantiños.

Se premedes AQUÍ podedes entrar no blogue da biblioteca do CEIP Emilia Pardo Bazán.

PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2023-2024

Bo día.

Seguindo a normativa que regula o proceso de admisión de alumnado para o vindeiro curso académico 2023-2024 (Decreto 13/2022, de 3 de febreiro e Orde do 12 de marzo de 2013), no día de hoxe publicamos no taboleiro de anuncios do centro a listaxe definitiva de alumnos e alumnas admitidos/as.

 

Foron admitidas todas as solicitudes presentadas, en prazo.

 

Así mesmo, produciuse unha renuncia dunha solicitude para 3º de EP.

 

Existen 6 solicitudes que se presentaron fóra de prazo (despois do 20 de marzo de 2023).

 

Estas non aparecen na listaxe definitiva. Nestes casos concretos, será a Comisión de Escolarización a que resolva ditas solicitudes; non depende do centro educativo.

 

Recordamos que o prazo para formalizar a matrícula do alumnado admitido vai do20 ao 30 de xuño de 2023.

 

As familias que xa tedes aos voso fillos e fillas matriculados no centro non debedes de realizar NINGÚN TRÁMITE, en canto á admisión no colexio.

 

Reciban un saúdo cordial,

A dirección do centro.

CONCURSO INFANTIL DE DEBUXO E PINTURA - Asociación Cultural Lumieira Carballo

A Asociación Cultural LUMIEIRA de Carballo organiza un concurso infantil de Debuxo e pintura para o 17 de Maio, dia das Letras Galegas, na praza do Concello de Carballo, dende as 11 h ata as 13 h. 

Os galardoados recibirán un lote de libros e poderán participar no sorteo de dúas bicicletas.
 

 

Adxuntamos na publicación o cartaz e as bases do concurso.

BECAS - Aberto o prazo de solicitude para as axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo para o curso 23/24

BECAS NEAE

A convocatoria para o curso 23/24 publicouse o 26 de abril do 2023 e pódese pedir DENDE O 8 DE MAIO AO 20 DE SETEMBRO DE 2023.

 

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

- Solicitude cuberta e firmada da beca.

- Fotocopia do DNI da familia.

- Informe médico actualizado.

- Presuposto do gabinete (psicopedagóxico, logopédico e/ou psicolóxico) ao que acudirá o alumno/a.

 

ONDE PRESENTAR A SOLICITUDE?

Todo o proceso de solicitude da beca realízase pola Sede Electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional. Unha vez cuberto, terás que imprimir o formulario de solicitude (PDF) e presentalo no centro educativo de non ter certificado electrónico.

https://sede.educacion.gob.es/portada.html

 

Tedes toda a información no documento adxunto, o cal foi elaborado pola xefa do Departamento de Orientación do noso centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut