Skip to Content

Normalización Lingüística

Queremos Igualdade

Desde o ENLDG (Equipo de Normalización e

Dinamización Lingúistica) e como parte do Proxeto

de centro para este curso,Mulleres de conto,

elaborouse  un video con título:"Queremos

igualdade"con letra orixinal e tendo como

música o Despacito de Luis Fonsi e Daddy Yankee.

Nel faise unha defensa en prol da igualdade real

de homese mulleres e rexeitando a violencia

de xénero.

Grazas a todo o alumnado e profesorado do centro 

polo voso traballo. 

 
 

 

	                             "Queremos igualdade"
 

Normalización Lingüística

En Marzo: Rosalía de Castro

     En marzo: ROSALÍA DE CASTRO

O pasado 24 de febreiro celebrouse o día de Rosalía de Castro, picando na seguinte imaxe podedes ver algunhas das actividades que se realizaron en distintos centros educativos galegos.

 

8 de Marzo: Día da muller traballadora.

SE QUEREDES SABER A RESPOSTA MIRADE O DOCUMENTO ADXUNTO!

 

Mulleres de conto: Vero Boquete

En Febreiro:

 Vero Boquete, deportista galega. Se picades enriba do nome poderedes saber máis cousas sobre ela.

 

Mulleres de Conto

Aproveitando que o proxecto de centro deste curso son as "Mulleres de conto", dende o EDLG realizamos unha listaxe con 10 mulleres importantes na historia de Galicia. Cada vez que suibades as escaleiras poderedes ler os seus nomes.

No taboleiro podedes descubrir algunhas curiosidades sobre , Susana Seivane e Isabel Risco Valdivieso, música e actriz respectivamente.

 

   

 

 

Día das letras galegas

 

O pasado venres os nenos e nenas de educación infantil fixeron o seu pequeno "TIRALLE DA LINGUA" para conmemorar o día das Letras Galegas, adicado este ano ao escritor Carlos Casares.

Os máis pequenos do centro escolleron cantigas en galego para homenaxear  a nosa lingua:

- A primavera de Mamá Cabra.

-Pan de Millo do grupo Migallas

- O meu mundo é de Paco Nogueira

-Queremos Galego de Pablo Díaz

-O baile da Carrasquiña

...

e moitas máis!

 

 

Día da muller (galega) traballadora

Esta semana o centro súmase á conmemoración do Día Internacional da Muller. Na entrada do edifiio de Primaria elaborouse un mural co lema

" O importante non é ser home ou muller, o importante é cumprir os teus soños e traballar do que máis che guste".

No mural aparecen mulleres galegas que traballan no que lles gusta sen importarlles o que digan os demáis: policías, bombeiras, astrofísicas, futbolistas...mulleres valentes!

 

O mundo é o fogar de todos e todas

Rosalía de Castro na súa obra "Airiños, aires" expresa as sensacións que produce ter que deixar a terra de seu.

Sabemos que Galicia sempre foi, e é, un país de emigrantes e por iso hai galegos repartidos por todo o  mundo, do mesmo xeito que en Galicia contamos con persoas de outras nacionalidades. Plantexamos ao alumnado anotar no mapamundi aqueles lugares onde os nosos seres queridos tiveron que emigrar, ao mesmo tempo que lle plantexamos ao  alumnado doutras nacionalidades que nos acheguen a súa propia cultura.

EXTRA, EXTRA..última noticia!

Desde a Equipa de Dinamización da Lingua Galega propoñemos unha nova actividade e estamos a buscar participantes. Queres escribir? Pois poñemos en marcha o xornal do cole.

 

A primera xuntanza terá lugar o venres 10 de Febreiro durante o tempo de lecer onde se establecerán os equipos de traballo

 

Distribuir contido


by Dr. Radut